Antártida Polo Sur.

Slides:



Advertisements
Similar presentations
Augas de Arroiada: Procesos Gravitacionais 1.- Desprendementos: - Caída vertical, polo seu propio peso. - Movemento brusco. - Poden producirse por desplome.
Advertisements

Enxeñaría Química na ETSE Unha opción de futuro Enxeñaría Química na ETSE Unha opción de futuro.
Grandes unidades del relieve español.
Algúns datos básicos Procesos, xestión e estratexias de comunicación na sociedade dixital.
Cazas do tesouro. Cazas del Tesoro É un tipo de actividade didáctica moi sinxela que permite integrar Internet no curriculum. Consiste nunha serie de.
La atmósfera y el clima.
11SvDtPBhA.  Renovables: aquelas que non se esgotan aínda que se utilicen en gran cantidade.  Non renovables: recursos.
Raquel Rodríguez Iglesias. É unha das instalacións lúdicas mais importantes das cidades romanas. Xunto có teatro e o anfiteatro forma a triloxía de grandes.
Dragón azul Dragón vermello O mago e o dragón Dragón verde.
TALLER NOVAS TECNOLOXÍAS E ALTAS CAPACIDADES ASAC Asociación de Altas Capacidades CONCELLO DE BRIÓN GIS-T IDEGA UNIDADE DE ESTUDIO E INVESTIGACIÓN EN SUPERDOTACIÓN.
CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO ESCALAS DE LONXITUDES NO UNIVERSO:. DENDE MÁIS PEQUENO Ó MÁIS GRANDE (e viceversa) Jaime Álvarez Muñiz e Carlos Pajares.
Partículas elementais e a orixe do Universo Jaime Álvarez Muñiz e Carlos Pajares Vales - Depto. Física de Partículas, USC Ciencias para o Mundo Contemporáneo.
A Voyage To Antarctica Grade 6 Created by: Miss Adrianne Shultis.
CLAUDE MONET ( ).
Recursos Naturales Jazmin pinargote Ruth Inoa Jenny Castaño.
Motín de Esquilache é a denominación da revolta que tivo lugar en Madrid en marzo de 1766, sendo rei Carlos III.
Living Systems Chapter One: Studying Life 1.1 Measurements 1.2 Thinking Like a Scientist 1.3 Graphs.
P arques N acionais de E spaña... Claudia Tojo & Lucía Glez.
ERASE UNHA VEZ UN PINGÜINO QUE ESTABA PERDIDO NO BOSQUE E NON ATOPABA A SÚA NAI.
MAINBOARD  Jupiter Stiven Duran Quevedo  Tecnologiasbasicas.
Aim: How do organisms interact with one another and the environment? Objetivo: Como los organismos se relacionan mutuamente y con el ambiente.
SINGULARIDAD TECNOLÓGICA Trayssi Ruby Garcia Roman.
Sistema Binario. Que e o sistema binario? O sistema binario en matemáticas e en informática, e un sistema de numeración no que os números que representan.
Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da No Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en Nesta.
O terremoto de Xapón. QUE E UN TERREMOTO??? Un terremoto é un movemento brusco da Terra, causado pola brusca liberación de enerxía acumulada durante un.
A BIBLIOTECA CPI DE SAN SADURNIÑO.
PRESENTACIÓNS CON IMPRESS
● Roald Amundsen, ● Sir earnest Shackleton, ● Robert Falcon Scott ● Richard E. Byrd. When these people were exploring Antarctica people did not know a.
2.4.1 Formato a USB y/o disco duro verificación de errores físicos y lógicos Depuración de archivos Alumna: Daniela Carrasco Ramírez Docente:
Los Alimentos Nombre: Tamara Jiménez 2ºlengua extranjera Webquest dirigida a 2º ciclo al área de inglés.
UNIVERSIDAD NACIONAL SAN LUIS GONZAGA DE ICA PROPUESTA del asentamiento humano san ignacio- tinguiña alta ALUMNA : Huamán Ventura Yanira DOCENTES: Arq.
© 2002 KAESER COMPRESORES DE COLOMBIA LTDA FUNDAMENTOS DE AIRE COMPRIMIDO.
Por Español 2 Unidad 5.2 p.336.
O Futuro da investigación matemática
30 xaneiro Palabras pola paz Versos pola paz Cancións pola paz
UNIDAD 8 Ciencias de la Naturaleza 1º ESO El tiempo y el clima El termómetro El termómetro se utiliza para medir la temperatura de la atmósfera. Como.
VIERNES SANTO PABLO MEOUCHI. ■El Viernes Santo es una de las más representativas y profundas conmemoraciones del cristianismo. Es el quinto día de la.
CONGELAMENTO. HISTÓRICO Se recuarmos cerca de anos, constatamos que nessa altura já os chineses utilizavam o gelo e o ar frio dos montes para conservarem.
HIPERVINCULOS Tecnologías de la información 1 Universidad De Guadalajara Jesús Alberto Cisneros Lara 1-F M/T.
Hipervínculos Romero Gutierrez Joan Azahel Características principales Los hipervínculos son enlaces o rutas de acceso a otro archivo, pagina Web o una.
PERFORMANCES DE DESPEGUE DEFINICIÓN DE PISTA MOJADA: Una pista se considera mojada cuando tenga un aspecto brillante debido a la fina película de agua.
¡QUE ESPECTÁCULO! Mira unha foto ao anoitecer de Europa e África, nun día sen nubes, dende un satélite en órbita. Observa como as luces xa están acendidas.
O CLIMA E A PAISAXE.
PLANTAS CARNÍVORAS.
Biblioteca ies lamas de castelo
01 máis xusto para Galicia O comercio Ver vídeo Páx
ORGANIZACIÓN POLÍTICA E ADMINISTRATIVA DE ESPAÑA
Estudo de Inserción Laboral dos Titulados no SUG
O CUMIO DE COPENHAGUE Pedro Rodríguez Castro e Sandra Rodríguez Hermida 1º BACHARELATO Ciencias para o Mundo Contemporáneo IES Otero Pedrayo.
MAPA DE APOIOS Á INNOVACIÓN.
Metasecuoia.
A UNIÓN MONETARIA. AS ORIXES DO EURO
RETAZOS DO CAMIÑO FRANCÉS QUE PERCORRE GALIZA
OS MALAMIGOS DA RATA LUÍSA
O CUMIO DE COPENHAGUE Pedro Rodríguez Castro e Sandra Rodríguez Hermida 1º BACHARELATO Ciencias para o Mundo Contemporáneo IES Otero Pedrayo.
A polémica do antimonio
Estudo dos Autónomos da CORUÑA
Tuia.
O TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UE: UNHA XUSTIZA EUROPEA?
Faia (Fagus sylvatica) beech hêtre faia.
Índice Interacção radiação - matéria na atmosfera Aveiro 2008.
WOMEN IN ECONOMICS Ellinor Ostrom
As novas tecnoloxías, fóra da aula, no IES Mugardos
Agenda -Note-taking: Time -Practice
S A L M N C BIBLIOTECA TORRENTE BALLESTER.
Psicologia Grupo: Allyne Mendes Amanda Lima George Nascimento Maria Lira Mirian Alves Luaryanne.
Ciencia que estudia las propiedades de la materia y de la energía y establece las leyes que explican los fenómenos naturales, excluyendo los que modifican.
Ciencia que estudia las propiedades de la materia y de la energía y establece las leyes que explican los fenómenos naturales, excluyendo los que modifican.
Propagación de Ondas Líneas de Transmisión y Antenas E.P. Ingeniería Electrónica.
Presentation transcript:

Antártida Polo Sur

Territorios situados ao sur do paralelo 60ºS. Chamada tamén Antártica. O primeiro en usar o nome de Antarctica foi o cartógrafo escocés John George Bartholome en 1890. O nome ven do grego ανταρκτικως «antarktikos», "oposto a ártico”.

É o continente máis elevado da Terra, cun promedio de altitude de 2 É o continente máis elevado da Terra, cun promedio de altitude de 2.000 m s.n.m. Monte Erebus: volcán activo (3.794 m). Punto máis alto: Macizo Vinson: 4.900 m.

Superficie: Total: 14 000 000 km2 Área libre de xeo durante o verán: 280 000 km2

Unha grande parte da Antártida está cuberta dun enorme casquete de xeo de 20 millons de km3, cun espesor medio de 2.500 m. O máximo espesor rexistrado é de 4.776 m. A Antártida sen xeo

Acolle arredor do 80% da auga dóce do planeta. É o continente co promedio de humidade máis baixo e coa temperatura máis baixa.

Na Antártida atópanse o 90% dos xeos superficiais da Terra e o 70% da auga dóce. Se o xeo da Antártida se fundise o nivel dos océanos elevaríase entre 45 e 60 m.

Antártida no verán

Antártida no inverno

Poboación: temporal de 1.000 a 4.000 habitantes 65 bases de 30 países

HISTORIA XEOLÓXICA Ata hai 160 millóns de anos a Antártida formaba parte de Gondwana xunto coa India, África, Australia Nova Celanda e Sudamérica. Ao fragmentarse ese supercontinente a Antártida e Australia seguiron unidas e fóronse desprazando cara ao sur, ata que a Antártida se separou definitivamente hai uns 80 millóns de anos. plantas fósiles

carbón, petróleo, ferro, ouro, cromo, antimonio, molibdeno, uranio... Xacementos minerais: carbón, petróleo, ferro, ouro, cromo, antimonio, molibdeno, uranio... En 1990 firmouse un tratado internacional prohibindo a explotación mineira durante 50 anos polas repercusións sobre o medio ambiente

3-Polo Sur Xeomagnético 4-Polo Sur de Inaccesibilidade 1-Polo Sur Xeográfico 2-Polo Sur Magnético 3-Polo Sur Xeomagnético 4-Polo Sur de Inaccesibilidade

Polo Sur Xeográfico: O punto máis austral da superficie terrestre, oposto ao Polo Norte. É un dos puntos onde o eixo de rotación intersecta á superficie da Terra. No Polo Sur converxen todos os meridianos. Como o eixo de rotación da Terra cambia ao longo do tempo o Polo Sur tamén cambia. 90º, 0’, 0’’S, 0º, 0’, 0’’ O

O Polo Sur está situado na Antártida, sobre unha meseta chan xeada e ventosa, a 2.835 m de altitude sobre o nivel do mar. A masa polar de xeo atópase sobre un xigantesco glaciar que se move 10 m por ano, polo que a posición do Polo Sur debe reposicionarse cada ano. Márcase cunha estaca cada día de Ano Novo.

O país máis achegado ao Polo Sur é Chile e a cidade máis próxima é Usuaia (Arxentina).

A distancia entre o Polo Sur e o Polo Norte xeográficos, seguindo a superficie da Terra, é de 20.000 km.

A base de investigación científica estadounidense Amundsen-Scott atópase practicamente sobre o Polo Sur xeográfico (89°59'51" Sur, a uns 270 m)

Bandeiras dalgúns países do Tratado Antártico no Polo Sur Ceremonial

Polo Sur Magnético: É o lugar onde o campo magnético da Terra é perpendicular á superficie. Está próximo ao Polo Sur xeográfico e varía constantemente.

CLIMA É un clima moi frío e desértico, case sen precipitacións. Os ventos son moi fortes e poden causar nevadas.

Temperatura máis baixa rexistrada: -89,6 °C (base Vostok). Durante o inverno austral (seis meses) o Polo Sur non recibe nunca luz solar. A falta de calor solar, combinada coa altitude (3.200 m) fan desta zona unha das máis frías da Terra. Inverno: arredor de -65 °C. Temperatura máis baixa rexistrada: -89,6 °C (base Vostok).

eixo solsticio de decembro

Temperatura máis alta rexistrada: -14 °C (na base Amundsen-Scott) No verán austral o sol está todo o tempo nunha posición baixa sobre o horizonte. Acada a posición máis alta (aproximadamente 23,5º). As temperaturas son de arredor de -25 °C. Temperatura máis alta rexistrada: -14 °C (na base Amundsen-Scott)

Temperaturas media máxima e mínima, e precipitacións na Antártida Mes xan feb mar abr mai xun xul ago sep out nov dec ANO Tº media máxima (°C) −25 −37 −50 −52 −53 −55 −47 −36 −26 −45 Tº media mínima (°C) −28 −42 −56 −60 −61 -60 −63 −62 −39 −51 Precipitacións (mm) — 2,5

A transparencia do ceo fai que sexa un lugar axeitado para instalar observatorios astronómicos.

caravel antártico (Colobanthus quitensis ) FLORA Algas, brións, liques, bacterias, caravel antártico, pasto antártico caravel antártico (Colobanthus quitensis )

Foca de Wedelle (Leptonychotes weddellii) FAUNA Abonda sobre todo no océano. Achéganse moitas especies na época do desxeo. Foca de Wedelle (Leptonychotes weddellii)

Mamíferos: leopardo mariño, foca de Weddell, balea (azul, franca austral, minke), cachalote, candorca... rorcual azul

Aves: pingüíns, escúa, petrel, corvo mariño antártico, albatros, gaivota dominicana antártica, gaivotín antártico, pomba antártica... Pingüín emperador (Aptenodytes forsteri): os machos pasan o inverno antártico sobre o xeo chocando os ovos.

Peixes: bacallao antártico, Trematomus, Gosztonyia antarctica. Bacallao antártico (Dissostichus mawsoni) producen unha glicoproteína anticonxelante) Gosztonyia antarctica.

Invertebrados: lura xigante, krill, colémbolos, ácaros, moscas e mosquitos non voadores... Krill (Euphausia superba) Belgica antarctica , un mosquito sen ás

HISTORIA DAS EXPLORACIÓNS DA ANTÁRTIDA

-1603 o explorador español Gabriel de Castilla chegou aos 64ºS e veu terra (poderían ser as illas Shetlans do Sur). Unha base española na Antártida leva o seu nome

-1772 o inglés James Cook circunnavegou a Antártida, sen divisar terras máis alá do paralelo 60ºS. ruta seguida por Cook

-19 de febreiro de 1819 o foqueiro inglés William Smith, a bordo do bergantín Williams, foi o primeiro en descubrir terra de forma confirmada ao sur do paralelo 60ºS (illa Livingston).

-1820 unha expedición rusa dirixida por Fabian Gottlieb von Bellingshausen e Mijail Petrovich Lazarev circunnavegou o continente e realizou un recoñecemento do litoral.

-1823 o británico James Weddell descubriu as illas Órcadas do Sur e o Mar de Weddell.

-1839 a 1843 o capitán James Clark Ross comandou unha expedición británica cos navíos Erebus e Terror. Cartografiaron unha boa parte da costa antártica.

Buques Erebus e Terror Expedicións de Ross

-1901-1904: expedición Discovery Organizada pola Royal Society e a Royal Geographical Society co obxectivo de realizar investigacións científicas e exploracións xeográficas. Ao mando do británico Robert Falcon Scott (navío Discovery). Con Ernest Shackleton, Edward Adrian Wilson, Frank Wild, Tom Crean e William Lashly. acadaron o punto máis meridional ata esa data; latitude 82º,17’ S.

1907-1909 Expedición Nimrod A expedición dirixida por Ernest Shackleton (con Douglas Mawson, Edgeworth David e Alistair Mackay) chega á latitude 88º 23’S e vense forzados a abndoar a tan só 180 km do Polo Sur. Despois de perccorrer 3.000 km en territorio antártico regresa a Inglaterra. Atopou o Polo Sur Magnético.

O buque Nimrod

A expedición Nimrod foi a viaxe máis longa de todas as realizadas ao Polo Sur ata a actulidade (máis de 3.000 km a pé, incluíndo a ascensión ao monte Erebus) monte Erebus

14 de decembro 1911 Primeira expedición que chegou ao Polo Sur Xeográfico, dirixida polo noruego Roald Amundsen Roald Amundsen

Amundsen partiu o 19 de outubro de 1911 Amundsen partiu o 19 de outubro de 1911. Cinco homes (Amundsen, Bjaaland, Hanssen, Hassel e Wisting) con catro trenós e 52 cans de raza groenlandesa, liderados pola femia Etah. O equipo regresou a Framheim o 25 de xaneiro de 1912, con 11 cans, despois de 99 días de viaxe de ida e volta ao Polo Sur. navío Fram

Alimento do equipo (ración diaria): -380 g de galletas -350 g de pemmican -40 g de chocolate -60 g de leite en pó Alimento dos cans: -500 g de pemmican diarios. Pemmican: comida concentrada formada for unha masa de carne seca moída, baias desecadas e graxas. Achega proteínas, vitaminas e enerxía. Foi unha comida de supervivencia inventada polos nativos norteamericanos que que se conserva moito tempo.

17 de Xaneiro de 1912. Expedición Terra Nova A expedición do británico Robert Falcon Scott chega ao Polo Sur. Morren no camiño de volta de fame e hipotermia. Comezan a viaxe con ponis de Siberia, cans e trenós motorizados e finalmente eles mesmos arrastran a carga. Robert Falcon Scott en 1911

O equipo de Scott o 18 de xaneiro de 1912 O equipo de Scott o 18 de xaneiro de 1912. De esquerda a dereita: Oates, Scott e Wilson (de pé); Bowers e Evans (sentados). Foto preparada por Bowers.

Buque Terra Nova Rutas de Amundsen e Scott

1914-1916: Expedición Imperial Trans-Antártica O explorador británico Ernest Shackleton tenta cruzar o continente antártico pasando polo Polo Sur. O seu Barco Endurance queda atrapado na banquisa de xeo do mar de Wedell e afunde 11 meses máis tarde.

- Deriva do Endurance no xeo Mapa da Expedición Imperial Transantártica de 1914-1915:       - Viaxe do Endurance       - Deriva do Endurance no xeo       - Deriva dos acampados sobre a banquisa despois do afundimento do Endurance       - Viaxe do James Caird       - Ruta transantártica prevista       - Viaxe do Aurora á Antártida       - Retirada do Aurora       Ruta de subministro

O equipo de expedicionarios sobrevive despois de moitas vicisitudes O equipo de expedicionarios sobrevive despois de moitas vicisitudes. Arrastraron dous botes polos xeos do mar de Wedell e navegaron ata a illa Georgia do Sur onde conseguiron axuda. Os supervivintes foron rescatados da illa Elefante o 30 de agosto de 1916 sen sufrir nungunha baixa.

29 de novembro de 1929 Richard Byrd e o seu primeiro piloto Bernt Balchen sobrevoan o Polo Sur.

31 de autubro de 1956 O equipo da marina estadounidense, dirixido por George Dufek, aterrou cun avión de transporte militar

Expedición Trans-Antártica da Commonwealth Expedición de Vivian Fuchs. 1956-1957 Expedición Trans-Antártica da Commonwealth Expedición de Vivian Fuchs. Partiron da base Shackleton o 24-11-1957 e despois de 99 días e 3.473 km chegaron á base Scott. Realizaron numerosos estudos científicos, entre eles, determinaron o espesor do casquete de xeo no Polo e a existencia dunha masa de terra debaixo. Edmund Hillary formou parte desta expedición. 31 de autubro de 1956 O equipo da marina estadounidense, dirixido por George Dufek, aterrou cun avión de transporte militar

6 de xaneiro de 1962 Primeiro voo arxentino ao Polo Sur. Dous avións da Aviación Naval Arxentina ao mando do capitán de fragata Hermes Quijada. Voaron sen referencias nin cartografía.

1999 Marcha a pé máis rápida desde a costa e sen soporte: 47 días. Tim Jarvis e Peter Treseder. Levaban trenós que pesaban 200 kg con comida e combustible.

20 de xaneiro de 2009 Expedición catalana “Polo Sur sen límites” formada por persoas con discapacidade física. Durante tres semanas percorreron a pé os 250 km entre Patriot Hills e o Polo Sur sen ningún tipo de axuda externa, arrastrando un trenó de 80 kg, a 3.000 metros de altura, e con ventos de ata 300 km/h.

1 de xaneiro de 2012. Expedición española ACCIONA. Para chegar ao Polo Sur empregaron 19 días e 12 horas e, despois de 2.200 km percorridos chegaron á posición dos 90 ºS o. Seguiron camiño e, despois de 3.500 km e 45 días de navegación en trenó eólico, foron recollidos por unha avioneta que os devolveu á base. Ramón Larramendi, Javier Selva, Ignacio Oficialdegui e Juan Pablo Albar.

En memoria de todos aqueles que deixaron a vida pola ciencia e a aventura no extremo do Planeta. Traballo feito con motivo do centenario da chegada ao Polo Sur de Amundsen (decembro 2011) e Scott (xaneiro 2012) MONTAXE: Adela Leiro IMAXES E DATOS: Internet, en especial Wikipedia