Sobre Adam Smith Eduardo L.Giménez Universidade de Vigo

Slides:



Advertisements
Similar presentations
Algúns datos básicos Procesos, xestión e estratexias de comunicación na sociedade dixital.
Advertisements

11SvDtPBhA.  Renovables: aquelas que non se esgotan aínda que se utilicen en gran cantidade.  Non renovables: recursos.
Dragón azul Dragón vermello O mago e o dragón Dragón verde.
CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO ESCALAS DE LONXITUDES NO UNIVERSO:. DENDE MÁIS PEQUENO Ó MÁIS GRANDE (e viceversa) Jaime Álvarez Muñiz e Carlos Pajares.
Conceitos Fundamentais: da Moral à Bioética José Roberto Goldim.
SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL SERVIZO DE AUTOEMPREGO.
Recursos Naturales Jazmin pinargote Ruth Inoa Jenny Castaño.
Motín de Esquilache é a denominación da revolta que tivo lugar en Madrid en marzo de 1766, sendo rei Carlos III.
Un Credo para vivir - Susan Polis Schutz
Sistema Binario. Que e o sistema binario? O sistema binario en matemáticas e en informática, e un sistema de numeración no que os números que representan.
Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da No Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en Nesta.
UNIVERSIDADE RURAL DO EUME UNIVERSIDADE RURAL DO EUME EUROEUME IV XORNADAS MUSEÍSTICAS CASA DO PAZO 25 de outubro de 2008.
A BIBLIOTECA CPI DE SAN SADURNIÑO.
PRESENTACIÓNS CON IMPRESS
Renda dispoñible adicada a gasto. Análise para Canada
Adam Smith
2.4.1 Formato a USB y/o disco duro verificación de errores físicos y lógicos Depuración de archivos Alumna: Daniela Carrasco Ramírez Docente:
Funciones de dinero.. Medio de cambio: La primera función del dinero es actuar como medio de cambio. La gente utiliza el dinero para comprar y vender.
Parámetros y técnicas para el diseño de sistemas energéticos RAFAEL SORIA, DSc. Diseño de Sistemas Energéticos Facultad de Ingeniería Mecánica, Escuela.
Temas Centrales: El machismo El sistema patriarcal Las relaciones sociales La sexualidad La tradición y la ruptura.
Sistemas Operativos Multiprogramação; Multiplexação; Memória Física; Memória virtual; Trabalho/Job - Processo/Process/Task - Thread.
Sistemas Operativos Introdução. Sistema Operativo - definição De maneira menos informal podemos definir Sistema Operativo, como sendo o Software fundamental.
COMPONENTES BÁSICOS DE UM COMPUTADOR Processador – Memória – Bus/Barramento – Periféricos Carlos Pereira 2014/2015.
Arduino CHIP Hardware -Pins Digitais - Pins 0 ao 13Pins Digitais - Pins 0 ao 13 -Pins pulse modulation ~Pins Pins 0 e 1 –
COMPONENTES BÁSICOS DE UM COMPUTADOR Processador – Memória – Bus/Barramento – Periféricos.
SENA Centro de Gestión Administrativa LINEA DEL TIEMPO: ADMINISTRACIÓN APRENDIZ: LUISA MARÍA CORTÉS PEDROZA INSTRUCTOR: Damian Melo Ficha: Grupo:
Qual é a diferença entre fonética e fonologia?. Fonética Estuda a natureza física da produção e da percepção dos sons da fala humana. Preocupa-se com.
COMPETENCIAS BÁSICAS E INCLUSIÓN
AS RELACIÓNS EEUU-EUROPA ( )
PRINCIPIOS CONTABLES
PRINCIPIOS CONTABLES CICLOS CONTABLES
PRINCIPIOS CONTABLES CICLOS CONTABLES CLASE CONTABLES CALIFICACIÓN DE LAS CUENTAS Y LA NATURALEZA.
30 xaneiro Palabras pola paz Versos pola paz Cancións pola paz
EL COMPORTAMIENTO DEL CONSUMIDOR. . EL COMPORTAMIENTO DEL CONSUMIDOR 2.1. Las preferencias del consumidor Axiomas de elección racional
Hipervínculo Nombre: Martha Juliana Lozano Castruita Grado:1*F Turno: Matutino.
Alumna: Lucia Elizabeth Ruiz Castillo profesora: Adriana Ubiarco Limón 1-G (T/M) TECNOLOGIAS DE LA INFOMACION 1.
PRESENTACIONES MULTIMEDIA
O propósito desta presentación é explicarlles aos adolescentes con idades comprendidas entre os 13 e 16 anos, o sentido e a finalidade dos impostos. A.
¡QUE ESPECTÁCULO! Mira unha foto ao anoitecer de Europa e África, nun día sen nubes, dende un satélite en órbita. Observa como as luces xa están acendidas.
O CLIMA E A PAISAXE.
CIENCIAS DO MUNDO CONTEMPORÁNEO PILAR DE VEGA. IES ANXEL FOLE
01 máis xusto para Galicia O comercio Ver vídeo Páx
ORGANIZACIÓN POLÍTICA E ADMINISTRATIVA DE ESPAÑA
TEMPOS VERBAIS Síntese gramatical.
Programa de Desenvolvemento Urbano Comunitario CBSD
MAPA DE APOIOS Á INNOVACIÓN.
A UNIÓN MONETARIA. AS ORIXES DO EURO
RETAZOS DO CAMIÑO FRANCÉS QUE PERCORRE GALIZA
Grazas pola vosa invitación á Coruña!
A polémica do antimonio
EUROESCEPTICISMO E EUROFOBIA: AMEAZA OU OPORTUNIDADE PARA A UE?
O TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UE: UNHA XUSTIZA EUROPEA?
Estatística con datos normais e paranormais
O Mercado  Os Economistas estudam e analisam o funcionamento de uma série de instituições, no intuito de determinarem a forma como são usados os recursos.
Jean Monnet Chair Ad Personam
Cadernos de Educación Ambiental: A Biodiversidade
WOMEN IN ECONOMICS Ellinor Ostrom
As novas tecnoloxías, fóra da aula, no IES Mugardos
S A L M N C BIBLIOTECA TORRENTE BALLESTER.
Universidad Nacional de Loja Facultad de la Educación el Arte y la Comunicación Carrera de Psicopedagogía Ciclo III Infopedagogía y Metodologías Innovadoras.
Psicologia Grupo: Allyne Mendes Amanda Lima George Nascimento Maria Lira Mirian Alves Luaryanne.
CELULAR NA EDUCAÇÃO BÁSICA: RAZÕES PARA DIZER SIM Palloma Tayná Landim Gontijo - Letras TECNÓFILO.
Ciencia que estudia las propiedades de la materia y de la energía y establece las leyes que explican los fenómenos naturales, excluyendo los que modifican.
Ciencia que estudia las propiedades de la materia y de la energía y establece las leyes que explican los fenómenos naturales, excluyendo los que modifican.
FISICA  La física es una de las ciencias naturales y una de las disciplinas académicas más antiguas, cuyas raíces se remontan hasta los inicios de la.
VALOR AGREGADO Para agregar valor, deve-se ir além, inovar, ser criativo, ousar e correr o risco de ser imitado e de não poder cobrar mais pelo que faz.
SISTEMAS OPERATIVOS (ESTRUCTURA) Por: Matta Avalos Carlos.
Colectivo San Rafael. Reunión de trabajo 21 junio 2019 Colectivo Unidos por Jardines de la Paz y colonias aleda ñ as A.C.
Presentation transcript:

Sobre Adam Smith Eduardo L.Giménez Universidade de Vigo Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacherelato Instituto Ricardo Mella 4 de Novembro de 2013

Índice Quen foi Adam Smith? Cuestións iniciais 2.1 Por que non existían economistas antes dos séculos XVI-XVIII? 2.2 Un novo sistema de organización social 2.3 Un novo mundo despois da Idade Media 2.4 O debate da sociedade (antes de Smith) The Theory of Moral Sentiments (1759) An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776) I.- Como a sociedade pode sobrevivir en harmonía? II.- Cara ónde vai a sociedade?

Visións populares de Adam Smith libre comercio, eliminación de trabas nos mercados, non intervención do Estado na economía, campión do laissez faire e da liberalización económica

1. Quén foi Adam Smith?

Adam Smith (1723-1790) 1723 Nado en Kirkcaldy, Escocia. 1737 Comenza os estudos de Filosofia moral na Univ.Glasgow. 1740-46 en Oxford cunha bolsa; Línguas clásicas e estranxeiras. 1748-51, Profesor en Edinburgo. 1750 Cadeira de Lóxica en Glasgow College. 1752 Cadeira de Filosofia Moral. 1754 Profesor de Filosofia Moral, University of Glasgow. 1759 Publicación de The Theory of Moral Sentiments. 1764 Renúncia á docencia para ser tutor do Duke of Buccleuch e o irmán nunha viaxe á Franza.

Adam Smith (1723-1790) 1764 Renúncia á docencia para ser tutor do Duke of Buccleuch e o irmán nunha viaxe á Franza. 1765 en Toulouse, enceta a escribir “un libro”. Visita Xinebra (Voltaire) e Paris (Quesnay, Turgot). 1766 retirase a Kirkcaldy ca pensión proporcionada polo Duke of Buccleuch. 1772 Establécese en Londres, e é admitido na Royal Society. 1776 Publicación de The Wealth of Nations. 1778 Aceita o nombramento de Commissioner of Customs en Escocia 1787 Elexido rector da University of Glasgow. 1790 Fina, mandando queimar 16 volumes de traballos non publicados.

Por que foi importante Adam Smith?

2. Cuestións iniciais 2.1 Por que non existían economistas antes dos séculos XVI-XVIII? 2.2 Un novo sistema de organización social 2.3 Un novo mundo despois da Idade Media 2.4 O debate da sociedade (antes de Smith)

2.1 Por que non existían economistas antes dos séculos XVI-XVIII? Como os humanos somos capaces de organizarnos para obter os recursos que precisamos para sobrevivir?

2.1 Por que non existían economistas antes dos séculos XVI-XVIII? Tres sistemas de organización humana para obter recursos: i) A tradición ii) O mandato da autoridade iii) O sistema de mercado

2.1 Por que non existían economistas antes dos séculos XVI-XVIII? A tradición: son panadeiro porque meu pai foi panadeiro, …e extendamos a toda a sociedade. O mandato da autoridade: alguén decidiu que foxe panadeiro, …e extendamos a toda a sociedade.

2.1 Por que non existían economistas antes dos séculos XVI-XVIII? Atopamos que nestas organizacións sociais estase garantindo que todas as tarefas necesarias para a supervivencia están realizadas por algunha persoa da comunidade. Non existen economistas (nen filósofos sociais)... porque non hai nada que explicar.

2.2 Un novo sistema de organización social Entre os séculos XVI-XVIII aparece un novo sistema de organización social: iii) O sistema de mercado baseado na libertade individual: eu podo decidir se son panadeiro ou non.

2.2 Un novo sistema de organización social Este terceiro sistema plantexa duas preguntas: I. Como xurde a mudanza a un sistema de mercado a partir da autoridade e da tradición? II. Que resultado vai acadar o novo sistema de organización humana?

2.3 Un novo mundo despois da Idade Media I. Como xurde a mudanza a un sistema de mercado a partir da autoridade e da tradición? Que foi o que cambiou dende a Idade Media para que se precisara a “ciencia económica”?

2.3 Un novo mundo despois da Idade Media (1) Eventos sociais: Emerxencia gradual das unidades políticas en Europa (nacións-estado); 1700 1360

2.3 Un novo mundo despois da Idade Media (2) Expansión do comercio exterior: Europa clima moi variado produce gran variedade de produtos agrícolas; (3) Extensión da análise sistemática a problemas do mundo, en particular físicos, e aparición frecuente de novas invencións. (Descartes 1637, Newton 1642-1727). (4) Xurdimento da idea moderna de individualidade. Erasmo de Rotterdam (1466-1536). (5) Extensión da aceptación social do enriquecimento.

2.4 O debate da sociedade (antes de Smith) II. Que resultado vai acadar o novo sistema de organización humana? Pode ser posibel a vida en sociedade non guiada pola autoridade, a fe e o costume?

Resposta 1 (Maquiavelo e Hobbes) O egoísmo natural do home provoca que a vida en sociedade sexa imposibel, e o Estado absolutista é necesario: O principio da autoridade, baseado no monopolio do poder, sen necesidade de lexitimación. O principio da autoridade, baseado na violencia como xeito de garantir a obediencia. A alternativa: a desmembración social e a lei da selva.

(Empiricistas e moralistas ingleses e escoceses: Hume, Hutcheson) Resposta 2 (Empiricistas e moralistas ingleses e escoceses: Hume, Hutcheson) Hipótese: Existe unha “benevolencia” natural, os “sentimentos morais”, que os humanos experimentan sobre outros. Consecuencias: Os individuos, ao non seren egoístas por natureza, tenden espontaneamente a asociarse entre eles. (Orde natural) Non se precisa de intervención externa na vida en sociedade -nin Deus, nin o Estado. Problemas: Xustificación (...ignoralo: hipótese) Cómo “casar” o egoísmo individual co benestar social?

A vida en sociedade pode ser posibel porque existe unha “benevolencia” natural. PREGUNTA 1: Por que nos preocupamos polos outros?

3. The Theory of Moral Sentiments (1759) Pregunta:Por que nos preocupamos polos outros? UNHA RESPOSTA: A “Simpatía” Os humanos posúen unha “capacidade empática” innata para poñerse na situación doutros humanos e entender a súa situación e os seus sentimentos. [Simpatía = Empatía]

3. The Theory of Moral Sentiments (1759) UNHA RESPOSTA: “Simpatía” podemos poñermos en lugar de outros. As veces, a “simpatia” é insuficiente, pois non podemos conseguir unha visión obxectiva das nosas accións persoais; por tanto, precísanse regras morais (Regras morais = xeralizacións de accións que contan ou non con aprobación.) As veces, as regras morais son insuficientes, e se requiren leis positivas.

3. The Theory of Moral Sentiments (1759) “Por moi egoísta que se poida suponer que sexa o home, existen evidentemente algúns principios na súa natureza, que lle fai interesarse polo que lle acontece aos outros, e a felicidade de eles contribúe necesariamente á de el, ainda que ise interese non derive nada máis que o pracer de contemplala.” Smith (1759, Part I, Chap.I, Sec. I)

PREGUNTA 2: Como “casar” o egoísmo individual co benestar social?

4. An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776) Comentarios: 1. Non é un libro “orixinal”. 2. O libro ten 1282 páxinas e 5 Partes. 3. Escrito ao estilo da época: Enciclopédico; Pesado de ler; cheo de “digresións”; non é un libro de texto; é un libro “académico”: Motiva o problema. Formula unha pregunta. Aporta “unha” resposta.

4. An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776) Cinco libros: 1. “Of the Causes of Improvement in the productive Powers of Labour, and of the Order according to which its Produce is naturally distributed among the different Ranks of the People” Produción e distribución con especial referéncia ao traballo 2. “Of the Nature, Accumulation, and Employment of Stock” Capital e Acumulación 3. “Of the different Progress of Opulence in different Nations” Desenvolvimento económico e políticas que o apoian 4. “Of Systems of political Œconomy” Diferentes sistemas de economia política 5. “Of the Revenue of the Sovereign or Commonwealth” Finanzas públicas

4. An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776) Preguntas: I. Cómo é posibel que unha comunidade na que cada un persigue activamente o seu propio interese, o resultado non sexa o caos? II. Cara onde vai a sociedade?

I.- Cómo a sociedade pode sobrevivir en harmonía? Como é posibel que unha comunidade na que cada un persigue activamente o seu própio interese, o resultado non sexa o caos? Como a sociedade conquire que se realicen todas as tarefas necesarias para a sua supervivéncia, sen necesidade dunha autoridade central que as planifique? (é se ninguén quere ser panadeiro ou medico?)

I.- Cómo a sociedade pode sobrevivir en harmonía? Resposta: As Leis do mercado: O interese egoísta individual (Acción: tendencia humana ao comercio) A competencia (Mecanismo regulador)

As Leis do mercado 1. O interese egoísta individual actúa como forza impulsora que leva ao cada persoa cara calquer traballo que a sociedade poida pagar.

As Leis do mercado “Non é da benevolencia do carniceiro, do cervexeiro ou do panadeiro da que esperamos a nosa cea, mas da consideración que eles teñen polo seu propio interese. Dirixímonos non á sua humanidade, mais á sua autoestima, e nunca lles falamos das nosas propias necesidades, mais das suas vantaxes.” Smith (1776 L.I Cap.II)

As Leis do mercado 2. Mecanismo regulador del egoísmo individual: A competencia. Os excesos egoístas individuais (vender máis caro e comprar ou contratar máis barato) son controlados pola competencia.

As Leis do mercado O resultado: a harmonía social.

As Leis do mercado “[Cada individuo] orientando a sua atividade de tal maneira que a sua produción poida ter maior valor, mira apenas para o seu propio gaño e, neste, como en muitos outros casos, é levado como por man invisíbel a promover un obxectivo do que non era a sua intención. […] Ao perseguir o seus propios intereses, o individuo muitas veces promove o interese da sociedade moito máis eficazmente de cando tenta realmente promove-lo.” Smith (1776 L.VI Cap.II)

Comentarios 1) A harmonía social é un resultado inesperado: O egoísmo individual... promove os intereses da sociedade(!!) 2) Non debemos fiarnos daqueles que realizan propostas “polo interese xeral”. “Nunca ouvín dicer que se teñan realizado grandes cousas para o país, aqueles que simulan exercer o comercio buscando o ben público.” Smith (1776 L.VI Cap.II)

Comentarios 3) Daquela, … debemos fiarnos logo dos empresarios ou da xente de negocios? TAMPOUCO!! “As persoas da mesma profesión poucas veces se reúnen xuntas, mesmo para disfrutar de momentos de alegría e diversión, mais o tema de conversación remata nunha conspiración contra o público, ou nalgún artificio para aumentar os prezos.” Smith (1776 L.I Cap.X)

Comentarios 4) E logo, en que podemos fiarmos para garantir o benestar dos membros dunha sociedade? Das Leis do Mercado: (i) garantir que os membros da sociedade tomen as súas decisións (egoístas) libremente; e, (ii)asegurar a competencia entre ditas decisións egoístas individuais.

4. An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776) Preguntas: I. Cómo é posibel que unha comunidade na que cada un persigue activamente o seu própio interese, o resultado non sexa o caos? II. Cara ónde vai a sociedade?

II.- Cara ónde vai a sociedade? Resposta: Crecemento económico Comentário: Crecemento económico que beneficie a toda a sociedade “Nengunha sociedade pode ser floreciente e feliz, se grande parte dos seus membros son pobres e miserábeis.” Smith (1776 L.I Cap.VIII) vs. Mercantilista: obxectivo aumentar a riqueza de El-Rei.

II.- Cara ónde vai a sociedade? Resposta: Crecemento económico As claves: i) A división do traballo (dispara o crecemento) ii) Acumulación de capital (guía ao crecemento) O ciclo virtuoso: división do traballo - expansión do tamaño dos mercados - maior productividade do traballo – división do traballo

i) A división do traballo “A principal mellora nas forzas produtivas do traballo, e a maior parte da habilidade, destreza e bo senso, cos cales en calquer parte o traballo é dirixido ou executado, parece ter sido resultado da división do traballo.” Smith (1776 L.I Cap.I)

A división do traballo Comentarios: A fábrica de alfinetes (Smith 1776 L.I Cap.I). 3 ventaxas: Aprendizaxe Aforro de tempo Invención de maquinaria A división do traballo conleva o intercambio, e pon en marcha o crecemento económico.

A división do traballo “Tomemos, [...] un exemplo, tirado dunha fábrica moi pequena, mais na cal a división do traballo moitas veces ten sido indicada: a fabricación de alfinetes. Un operario non treinado para esa atividade [...] nen familiarizado con a utilización das máquinas alí empregadas [...] dificilmente podería talvez fabricar, empeñando ao máximo o seu trabalho, un único alfinete nun día; de calquer xeito, certamente non conseguirá fabricar vinte. Mais da forma como esa atividade está hoxe executada, non so todo o trabalho constitúe unha industria específica, senon que está dividido nunha serie de ativiades, das cais a maior parte tamén constituen probabelmente un oficio particular. ...

A división do traballo “... Un operario desenrola o arame, outro o endereita, un terceiro o corta, un cuarto fai as pontas, un quinto o afía nas pontas para a colocación da cabeza do alfinete; para facer unha cabeza de alfinete requiren-se 3 ou 4 operacións diferentes; montar a cabeza xa é unha atividade diferente, e alvexar os alfinetes é outra; a propia envoltura dos alfinetes tamén constitue unha atividade independente. Así, a importante atividade de fabricar un alfinete está dividida en aproximadamente 18 operacións distintas, as cuais, nalgunhas fábricas son executadas por persoas diferentes. [...] Eu vin unha fábrica pequena deste tipo que so empregaba a 10 persoas. [...]

A división do traballo “... Mais, ainda que non foxen moi habeis, e por tanto non estivesen particularmente treinadas para o uso das máquinas, conseguían, cando se esforzaban, fabricar en torno a 12 libras de alfinetes por día. Unha libra contén máis de 4 mil alfinetes de tamaño medio. Por conseguinte, esas 10 persoas conseguían producir entre elas máis de 48 mil alfinetes por día. Logo que cada pessoa conseguía facer unha décima parte dos 48 mil alfinetes por día, pode-se considerar que cada unha producía 4 800 alfinetes diariamente. Se, porén, tivesen traballado independentemente un do outro, e sen que nenhun deles tivese sido treinado para esta atividade particular, certamente cada un deles non tería conseguido fabricar 20 alfinetes por día, e talvez nen mesmo 1.” Smith (1776 L.I Cap.I). 

ii) A acumulación de capital Teoria da distribución entre clases sociais: Terratenientes. Non posuen capital: propensión ao aforro nula. Traballadores. Só posuen traballo, e a sua remuneración (fondo salarial) próximo aos níveis de subsistencia: propensión ao aforro nula. Capitalistas. Posuen o capital produtivo: alta taxa de aforro. Quen acumula capital?

ii) A acumulación de capital O interese xeral dunha nación debe favorecer os intereses da clase capitalista (vs. terratenientes). Mais… coidado!! “Favorecer” os intereses dos capitalistas, non significa que os intereses da nación deban “coincidir” cos intereses dos capitalistas.

Comentários Finais-I Smith: explicou como funcionaba o novo sistema de organización humana baseado na liberdade individual; amosou que dito sistema podería funcionar mellor que outros sistemas de organización alternativa; albiscou que neste novo sistema de organización social debe redundar no beneficio de todos os membros da sociedade. 

Comentários Finais-II Funciona efectivamente o sistema de organización social que explicou Smith? A sociedade móvese cara o maior crecemento e maior benestar dos cidadáns?

Angus Maddison Historical Statistics of the World Economy: 1-2008 AD  

Comentários Finais-II Se nos decatamos que Smith escribiu no terceiro cuarto do século XVIII, na época da incipiente Revolución Industrial na cal os traballadores eran tratados como gando, a xornada laboral duraba 14 ou 16 horas, e os nenos traballaban como os maiores, non podemos senon amosar a nosa perplexidade que Smith contemplara un marabilloso mundo no que o crecimento económico reportaría o maior ben-estar para os ciudadáns.  

Para saber máis… Robert L. Heilbroner (1992) A História do Pensamento Econômico (Editora Nova Cultural Ltda., 1996). Cap. 2 O marabilloso mundo de Adam Smith. Timothy Taylor (1995) Legacies of Great Economists, The Teaching Company. Conf. 2: Adam Smith and the Birth of Economics Adam Smith (1776) A Riqueza das Nações: ed. Brasileiras: Os Economistas e da Editora Martins Fontes, ed. Portuguesa: Fundação Calouste Gulbenkian.