RETAZOS DO CAMIÑO FRANCÉS QUE PERCORRE GALIZA
Durante o reinado de Afonso II O Casto produciuse o achazo da tumba do Apóstolo. Tal e como relata a Concordia de Antealtares (primeiro documento escrito no ano 1077 que fai referencia ao descubrimento) un ermitaño chamado Pelaio, observando o ceo viu unha choiva de estrelas sempre sobre o mesmo lugar; decidiu ir contarllo ó Bispo de Iria Flavia, Teodomiro, quen se desprazou ó lugar para presenciar o fenómeno. A luz sinalaba o lugar onde se encontraba o sepulcro pétreo.
O Cebreiro coas súas fermosas pallozas poderíase tomar como o portal virtual de entrada a Galiza do camiño francés. Palloza do Cebreiro –Lugo-
Para aqueles interesados en recibir “a Compostela” deben saber que Sarria encóntrase na distancia mínima para poder recibila, isto é, os 100 km. Mosteiro da Madalena en Sarria.
Ponte medieval e Capela das Neves –Portomarín- O noso paso por Portomarín é obrigado facer unha parada para admirar a fermosura e peculiaridade da Capela da Virxe das Neves Ponte medieval e Capela das Neves –Portomarín-
Máis adiante nos Lameiros atopamos o pazo e a capela de San Marcos e o célebre cruceiro de Lameiro. É un cruceiro de dobre cara, por un lado represéntase a imaxe de Cristo e polo outro a imaxe da Virxe das Dores. Na súa base vense unhas tenaces, unha coroa de espiñas e unha caveira, que fan referencia ó calvario de Xesús O cruceiro de Lameiros
E xa en Palas de Rei visitaremos a Igrexa de San Tirso. Igrexa de San Tirso –Palas de Rei-
Cabazo de Leboreiro e Igrexa de Santa María Ó noso paso por Leboreiro, atopamos o cabazo do mesmo nome, e tras del a igrexa románica de Santa María con ábsida circular e teito de madeira e unha portada onde aparece esculpida a figura da Virxe. Cabazo de Leboreiro e Igrexa de Santa María
Xa en Melide atopamos a igrexa de Santa María de Melide, de estilo románico de finais do século XII, ten unha soa nave, ábsida semicircular, e alberga a única reixa románica de Galiza. Santa María de Melide.
Iglesia parroquial de Santa Eulalia de Arca. A nosa última etapa transcorre entre Pedrouzo e Santiago de Compostela, a nosa meta. Pasamos, entre outros lugares, pola parroquia de Arca, con fermosas mostras de arquitectura relixiosa. Iglesia parroquial de Santa Eulalia de Arca.
Monolito de entrada ó concello de Santiago. O monolito esculpido con bordón, cabaza e vieira anuncia a entrada ao municipio de Santiago. O río Sionlla, coñecido como o arroio de Lavacolla, era noutro tempo o lugar no que se lavaban os peregrinos para así presentarse limpos ante o Apóstolo. Monolito de entrada ó concello de Santiago.
Catedral de Santiago de Compostela. Catedral de Santiago de Compostela, consagrada no ano 1128. De estilo románico con elementos posteriores renacentistas e barrocos. A súa planta románica de cruz latina conta con tres naves divididas por arcos de medio punto, tribuna, cruceiro e xirola. Catedral de Santiago de Compostela.