O ESTATUTO DE 1981
1975 Morte do Ditador Franco
1977 Primeiras Eleccións Democráticas -Adolfo Suárez, candidato da UCD, votando nas eleccións ás Cortes Constituíntes.
Gaña as eleccións (en España e en Galicia, a UCD, partido político de ámbito estatal no que hai persoas favorables á autonomía galega (como Meilán Gil) e outros non. * Queda pois en mans dun partido non nacionalista a tarefa de conducir o proceso preautonómico en Galicia, cos problemas que isto vai ocasionar. * Os proxectos catalán e vasco avanzan, o galego atáscase
1977, máis de medio millón de galegos, convocados polos principais partidos, maniféstanse a favor da Autonomía
Abril de 1978: constitúese, non sen problemas, a Xunta Preautonómica. Houbo moitas dúbidas dentro da UCD sobre quen debía presidila Consello da Xunta Preautonómica presidida finalmente por Antonio Rosón. Esta deberá conducir o proceso que leve á redacción e aprobación dun Estatuto de Autonomía.
Decembro de 1978, aprobación da Constitución Española -Comisión redactora da Constitución (de arriba a abaixo e de esquerda a dereita) : Gabriel Cisneros (AP), José Pedro Pérez Llorca (UCD), Miguel Herrero de Miñón (UCD) Miguel Roca Junyent (CiU), Manuel Fraga Iribarne (AP), Gregorio Peces-Barba (PSOE), Jordi Solé Tura (PSUC)
A Constitución establece no seu art. 2º que se fundamenta na indisoluble unidade da Nación española pero recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran
1979 Primeiras Eleccións Constitucionais 1 Marzo – Eleccións Xerais - Adolfo Suárez, da UCD, vencedor nas Eleccións Xerais 3 Abril – Primeiras Eleccións Municipais - Primeira corporación municipal de Cambados
Resultados electorais en Santiago de Compostela nas primeiras eleccións municipais democráticas (3 de abril de 1979)
1979 Redacción do 1º Proxecto de Estatuto -A Comisión dos 16, entregando ao presidente Antonio Rosón o Anteproxecto de Estatuto
O Estatuto dos 16 MEMBROS DA COMISIÓN: –Pola UCD: Manuel Reymondez Portela, Ramón Álvarez Cid, J. Manuel Álvarez Ramos, Luis Cordeiro Rodríguez, Lutgarda García Boente, Pablo González Mariñas, Pablo Padín Sánchez e Víctor Manuel Vázquez Portomeñe. –Polo PSOE: José Luis Rodríguez Pardo e Indalecio Tizón. –Por AP: Manuel Vázquez Ríos e Francisco Puy Muñoz. –Polo PCG (Partido Comunista de Galicia) : Anxo Guerreiro –Polo POG (Partido Obreiro Galego) : Camilo Nogueira –Polo PG (Partido Galeguista) : Xosé Manteiga –Polo PTG (Partido do Traballo de Galicia) : Fernando Solla
O texto elaborado pola comisión dos 16, froito dun amplo consenso entre as principais forzas políticas galegas, non satisface por completo á maioría dos parlamentarios da UCD. Estes deciden constituír unha comisión de nove parlamentarios que modificará o texto. Antonio Rosón, favorable ó texto dos 16 é substituído por Xosé Quiroga.
O novo texto entrégase nas Cortes Xerais para que sexa debatido. Alí introdúcese un apartado na disposición transitoria 3ª, que abre a porta á redución de competencias se as Cortes así o deciden. Rómpese o consenso entre os partidos, a opinión pública reacciona alporizada, fálase do Estatuto da Aldraxe, Galicia percibe que quere ser discriminada respecto a cataláns e vascos.
Sentada diante do Seminario de Santiago para solicitar a rectificación do Proxecto de Estatuto
A inesperada reacción popular forza a modificación do texto. En setembro de 1980, retómase o consenso entre os partidos que aproban en Santiago, no Pacto do Hostal, un novo texto. En Outubro é aprobado nas Cortes. Convócase o Referendo para a definitiva aprobación popular.
1980 Aprobación do Estatuto -Folleto sobre o Estatuto divulgado con motivo do referendo de 1980
O Si obtén o 73 % dos votos pero con tan só o 28 % de participación. A cifra máis baixa de tódalas eleccións celebradas durante a democracia.
Resultados do Referendo - 21 de Decembro de Si: Non: En branco: Nulos: Taxa de 7335% votos 1977% votos 462% votos 225% votos abstención: 72%
Resultados do Referendo
2006 ¿REFORMA DO ESTATUTO?
O actual estatuto establece no seu art. 56 b) que a proposta de reforma debe facerse no Parlamento coa aprobación dunha maioría dos dous terzos.
Unha vez máis vai ser necesario o consenso entre todos os partidos con representación no Parlamento, É dicir: PSOE, BNG e PP.