Download presentation
Presentation is loading. Please wait.
Published byMarcela Gorjão di Azevedo Modified over 6 years ago
1
OS BIOCOMBUSTIBLES Paula Melero Valentín e Paula Pérez Martínez
1º Bacharelato.Ciencias para o mundo contemporáneo Curso IES Otero Pedrayo. Ourense Profesora: Carmen Cid Manzano
2
Que son os biocombustibles?
Biocombustible é o termo co que se define a un combustible de orixe biolóxica. Ata o petróleo seríao, pois procede de restos fósiles de seres vivos que viviron fai millóns de anos. Pero se tende a definir como biocombustible a un combustible de orixe biolóxica obtido de xeito renovable a partir de restos orgánicos.
3
O BIOETANOL É un alcohol producido a partir da fermentación dos azucres que se atopan no millo, cana de azucre, cebada, trigo, sorgo, remolacha ou outros cultivos enerxéticos. Mesturado coa nafta produce un biocombustible de alto poder enerxético, con características moi similares á nafta, pero cunha importante redución das emisións contaminantes nos motores tradicionais de combustión.
4
O BIOETANOL
5
TIPOS DE BIOETANOL - E5: é unha mestura do 5% de etanol e o 95% de Gasolina normal. Esta é a mestura máis habitual e a máxima autorizada na actualidade pola regulamentación europea. Con todo, é previsible unha modificación desta normativa que aumentará este limite ao 10% xa que diferentes estudos constatan que os vehículos actuais toleran sen problemas o 10% de Bioetanol. - E10: é unha mestura do 10% de etanol e o 90% de Gasolina normal. É a máis utilizada en EEUU xa que ata esta proporción de mestura os motores dos vehículos non requiren ningunha modificación e produce a elevación de un octano na gasolina mellorando o seu resultado e obtendo unha notable redución na emisión de gases contaminantes.
6
E85: Mestura de 85% de etanol e 15 % de gasolina, utilizada en vehículos con motores especiais. En EEUU as marcas máis coñecidas ofrecen vehículos adaptados a o E85. Nalgúns países (EEUU, Brasil, Suecia,...) tamén se comercializan os chamados vehículos con motores Flexifuel FFV (Flexible Fuel Vehicles) ou Vehículos de Combustibles Flexibles con motores adaptados que permiten unha variedade de mesturas. - E95 e E100: Mesturas ata o 95% e 100% de Bioetanol son utilizados nalgúns paises como Brasil con motores especiais. - E-Diésel: é unha mestura de bioetanol con gasoil.
7
O biodiésel O Biodiésel, obtense a partir do procesamento de aceites vexetais tanto usados e reciclaxes, como aceites obtidos de sementes oleaxinosas de cultivos enerxéticos como colza, xirasol, soia… O Biodiésel mesturado con diésel normal xera unhas mesturas que se poden utilizar en todos os motores diésel sen ningunha modificación, obtendo rendementos moi similares cunha menor contaminación.
8
O biodiésel
9
TIPOS DE BIODIÉSEL B20: O biocombustible B20 é unha mestura do 20% de Biodiésel e o 80% de diésel normal, sendo a mestura de biocombustible de Biodiésel mais utilizada en EEUU. B100: biodiésel ao 100% sen mestura algunha con diésel normal. É un produto 100% ecolóxico con altas reducións de emisións nocivas á atmosfera. A súa única pega é que nos motores de vehículos antigos (ao parecer anteriores a 1994) é preciso substituír os condutos de goma do circuíto do combustible por outros materiais, debido a que o biodiésel ataca á goma, aínda que hai varios estudos que indican que non é necesaria ningunha modificación nos motores.
10
VANTAXES DOS BIOCOMBUSTIBLES
Proporcionan unha fonte de enerxía reciclable , polo tanto, inesgotable. As emisións de gas do invernadoiro son reducidas o 12% pola produción e a combustión do etanol e o 41% polo biodiésel. Revitalizan as economías rurais, e xeran emprego ó favorecer a posta en marcha dun novo sector no ámbito agrícola. Melloran o aproveitamento de terras con pouco valor agrícola e que, en ocasións, se abandonan pola escasa rentabilidade dos cultivos tradicionais. Mellora a competitividade ó non ter que importar fontes de enerxía tradicionais.
11
NON É OURO TODO O QUE RELOCE…
COIDADO COS BIOCOMBUSTIBLES NON É OURO TODO O QUE RELOCE…
12
Inconvenientes dos biocombustibles
As plantas das que se obteñen os biocombustibles non poden ser utilizadas na alimentación das persoas. Os biocombustibles producidos a base de palma aceitera, cana de azucre e soia levan graves impactos sociais e medio ambientais. Precísanse grandes espazos de cultivo xa que do total de plantación só se aproveita un 7%.
13
A súa produción só é viable mediante subvencións, porque os custos dobran aos da gasolina ou o gasóleo O biocombustible precisa dunha transformación previa complexa. Nos bioalcoholes, a destilación provoca, respecto da gasolina ou do gasóleo, unha maior emisión en dióxido de carbono.
15
Centenas de millóns de hectáreas de terras fértiles concentraranse baixo o poder de grandes transnacionales e pasarán, de producir alimentos, a producir combustibles, nun mundo onde o fame e a desnutrición son xa problemas gravísimos. Segundo datos da FAO, 500 millóns de hectáreas cultivables desaparecerán.
16
O International Food Policy Research Institute (IFPRI) en Washington, presentou en 2007, estimacións destacables sobre a posible repercusión internacional da crecente demanda de biocombustibles. Prevía que o crecemento vertixinoso da produción de biocombustibles elevará os prezos do millo nun 20% para o 2010 e nun 41 % para o 2020. Pronostícase de igual xeito que os prezos das sementes oleaxinosas, entre as que se inclúen a soia, a colza e o xirasol, aumentan nun 26% para o 2010 e nun 76% para o 2020, e os prezos do trigo nun 11% e 30% para o 2010 e 2020 respectivamente.
17
No alarmante escenario descrito, as estimacións do IFPRI foron erradas: o prezo da soia subiu nos últimos 12 meses un 73%; o xirasol 111%; en tanto que o prezo do millo creceu un 30%. O Banco Mundial suxire que o consumo de calorías entre os pobres do mundo diminúe aproximadamente un 0,5 % cada vez que os prezos medios dos alimentos básicos máis importantes increméntanse nun 1 %. Para os máis pobres o aumento nos prezos dos alimentos básicos equivalerá á desnutrición e a fame.
18
O cultivo de soia para obtención de biodiesel é a principal causa de deforestación na amazonía de Brasil e Paraguay A palma aceiteira, supón unha gravísimia ameaza para os bosques tropicais de Africa e do sueste asiático, en especial Indonesia.
20
A bioenerxía é parte da solución para combater o cambio climático, pero non é “a solución”. É esencial que o sector da bioenerxía non se volva parte do problema que busca resolver nin xere novos problemas ambientais e sociais. A utilización de “residuos” como o aceite de cociña usado, restos de cana ou residuos da actividade forestal como materias primas para a obtención de biocombustibles, non presentan grandes problemas e dan bo rendemento enerxético. Ben manexados, o uso destes residuos representan impactos negativos moi baixos e ten un alto potencial para reducir GEI (gases efecto invernadero).
21
Os biocombustibles deben ser obtidos nun marco de prácticas agrícolas sustentables, que non ocasionen, de xeito directo ou indirecto, a destrución de ecosistemas orixinarios ou fráxiles e que non diminúa a capacidade de ningunha nación, en particular dos países en desenvolvemento, de garantir a súa seguridade alimentaría e a súa soberanía.
22
SO ASÍ PODEREMOS CONSIDERALOS UNA AUTÉNTICA ALTERNATIVA AOS COMBUSTIBLES TRADICIONAIS
23
BIBLIOGRAFÍA - Velázquez Martí, B. . Situación de los sistemas de aprovechamiento de los residuos forestales para su utilización energética. Ecosistemas. Revista científico y técnica de ecología y medio ambiente. Ano 2006 Biocombustibles: grave amenaza disfrazada de verde. Boletín 112 del WRM Movimiento Mundial por los Bosques. Ano 2006 Ax Elicegui, J.: Biocombustibles. Una nueva oportunidad para el agro. Ano 2006 Jørgensen, M. Biocombustibles: Estrategias de la Unión Europea. Ano 2007 Eguíluz, Luis Ignacio. Univ. de Cantabria. Curso “ENERGÍAS RENOVABLES”. Ano 2005 - Kröger, Alvaro. Informe sobre Desarrollo del Mercado de Biocombustibles de la Unión Europea: BIODIESEL. Ano 2006
Similar presentations
© 2025 SlidePlayer.com. Inc.
All rights reserved.