Download presentation
Presentation is loading. Please wait.
Published byBenito Cristóbal Valenzuela Franco Modified over 6 years ago
1
O CUMIO DE COPENHAGUE Pedro Rodríguez Castro e Sandra Rodríguez Hermida 1º BACHARELATO Ciencias para o Mundo Contemporáneo IES Otero Pedrayo. Ourense Profesora: Carmen Cid Manzano
2
Que foi o cumio de Copenhague? Cales eran os obxectivos de dito cumio?
Cales foron as conclusións do mesmo?
3
O día 7 de decembro do ano 2009 comezou en Dinamarca o cumio de Copenhague. Nunca ata agora asistiran a unha reunión sobre o clima tantos xefes de Estado e de Goberno. Na cidade danesa estiveron a práctica totalidade dos líderes mundiais.
4
O cumio de Copenhague tiña como finalidade preparar novos obxectivos que substituísen aos do Protocolo de Kioto, que rematan no ano 2012.
5
Que é o Protocolo de Kioto?
O Protocolo de Kioto é un acordo internacional que ten por obxectivo reducir as emisións dos gases invernadoiro, que son os que causan o quentamento global.
6
O protocolo de Kioto aprobouse na cidade xaponesa de Kioto en 1997, pero non entrou en vigor ata febreiro do ano 2005 porque era preciso que fose ratificado por un mínimo de 55 países.
7
O ser humano perturba o ciclo do carbono
1 Ciclo natural do carbono Intercambio terraa-atmosfera 2 As emisións de CO2 e de CH4 polo home cambian o ciclo natural Gases de efecto invernadoiro máis ricos en carbono: CO2 e CH4. As plantas absorben CO2. Lume, deforestación As plantas en descomposición emiten CO2. Intercambio Oceano-atmosfera Industria Combustión de materiais fósiles As reservas de petroleo e de gas almacenan C. 3 O quentamento dos mares e a licuación dos xeos ameazan con liberar as súas reservas de CH4 que poderían acelerar o quentamento global. As reservas de carbón almacenan C.
8
OBXECTIVOS DO CUMIO DE COPENHAGUE
Reducir as emisións de C02 Apoio financeiro Diminuír a deforestación
9
Emisións de CO2 Procurarase establecer as liñas de acción para reducir as emisións de dióxido de carbono e gases do efecto invernadoiro a nivel mundial, particularmente en países desenvolvidos.
10
Apoio financeiro Discutirase a asistencia financeira a países en desenvolvemento para contribuír a mitigar a súa influencia no cambio climático e para axudalos a adaptarse ás novas perspectivas.
11
Deforestación Intentarase deseñar un novo esquema de comercio que evite a destrución dos bosques do noso planeta de cara ao ano 2030.
12
Cambio Climático actual
Ven producido pola alteración dos ciclos climáticos naturais do planeta por efecto da actividade humana, especialmente debido ás emisións masivas de CO2 á atmosfera provocadas sobre todo pola queima masiva de combustibles fósiles.
13
Ata o 18 de decembro do ano 2009 duraron as negociacións entre 193 países para tratar de limitar a dous graos o aumento promedio da temperatura do planeta. O que supón reducir as emisións no 2020 con respecto aos niveis de 1990 entre un 25 e un 40%.
14
Esta é a previsión de cara ao futuro se non se chega a un acordo no cumio de Copenhague.
15
Os posibles resultados da intensificación do efecto invernadoiro
Un planeta en perigo Os posibles resultados da intensificación do efecto invernadoiro 2 Retroceso do xeo e perda de neve. Desxeo dos casquetes polares e dos glaciares 5 Hábitats en perigo. Desaparición de humedais e outros ecosistemas sensibles. 3 Variación do réxime de chuvias. Máis ciclóns, secas e inundacións. 1 Aumento da Tª entre dous e seis graos de media ata o 2100. 4 Subida do nivel do mar. Inundación de zonas costeiras, desaparición dalgunhas illas.
16
A primeira semana do cumio espertou as críticas dos grupos ecoloxistas e acentuou a división entre países ricos e países pobres. Lars Loekke Rasmussen (primeiro ministro danés)
17
Manifestacións Ducias de miles de manifestantes percorreron as rúas de Copenhague para protestar contra o cambio climático e reclamar un acordo xusto aos gobernantes.
18
Despois de 20 días de cárcere saíu en liberdade.
Juan López de Uralde, director executivo de Greenpeace España, foi detido por coarse na cea de gala ofrecida o 17 de decembro pola Raíña Margarita II de Dinamarca. Despois de 20 días de cárcere saíu en liberdade.
19
Problemas As negociacións foron moi complicadas, os representantes dos países participantes non se puñan de acordo en como negociar. Isto provocou que, a pouco máis dun día para o final do cumio, non se chegase a ningunha conclusión.
20
China, malia ser un dos países máis contaminantes, non aceptou que as súas emisións foran reguladas como as dos demais.
21
Barack Obama abandonou o Cumio de Copenhague cun acordo de mínimos para frear o cambio climático.
22
Antes do cumio de Copenhague, moitas expectativas…
O remate… para a maioría, un estrepitoso fracaso. Moitos países se sentiron excluídos e decepcionados polo resultado dun dos cumios con máis líderes mundiais da historia.
23
FONTES
Similar presentations
© 2025 SlidePlayer.com. Inc.
All rights reserved.