Presentation is loading. Please wait.

Presentation is loading. Please wait.

Sobre Adam Smith Eduardo L.Giménez Universidade de Vigo

Similar presentations


Presentation on theme: "Sobre Adam Smith Eduardo L.Giménez Universidade de Vigo"— Presentation transcript:

1 Sobre Adam Smith Eduardo L.Giménez Universidade de Vigo
Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacherelato Instituto Ricardo Mella 4 de Novembro de 2013

2 Índice Quen foi Adam Smith? Cuestións iniciais
2.1 Por que non existían economistas antes dos séculos XVI-XVIII? 2.2 Un novo sistema de organización social 2.3 Un novo mundo despois da Idade Media 2.4 O debate da sociedade (antes de Smith) The Theory of Moral Sentiments (1759) An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776) I.- Como a sociedade pode sobrevivir en harmonía? II.- Cara ónde vai a sociedade?

3 Visións populares de Adam Smith
libre comercio, eliminación de trabas nos mercados, non intervención do Estado na economía, campión do laissez faire e da liberalización económica

4 1. Quén foi Adam Smith?

5 Adam Smith (1723-1790) 1723 Nado en Kirkcaldy, Escocia.
1737 Comenza os estudos de Filosofia moral na Univ.Glasgow. en Oxford cunha bolsa; Línguas clásicas e estranxeiras. , Profesor en Edinburgo. 1750 Cadeira de Lóxica en Glasgow College. 1752 Cadeira de Filosofia Moral. 1754 Profesor de Filosofia Moral, University of Glasgow. 1759 Publicación de The Theory of Moral Sentiments. 1764 Renúncia á docencia para ser tutor do Duke of Buccleuch e o irmán nunha viaxe á Franza.

6 Adam Smith ( ) 1764 Renúncia á docencia para ser tutor do Duke of Buccleuch e o irmán nunha viaxe á Franza. 1765 en Toulouse, enceta a escribir “un libro”. Visita Xinebra (Voltaire) e Paris (Quesnay, Turgot). 1766 retirase a Kirkcaldy ca pensión proporcionada polo Duke of Buccleuch. 1772 Establécese en Londres, e é admitido na Royal Society. 1776 Publicación de The Wealth of Nations. 1778 Aceita o nombramento de Commissioner of Customs en Escocia 1787 Elexido rector da University of Glasgow. 1790 Fina, mandando queimar 16 volumes de traballos non publicados.

7 Por que foi importante Adam Smith?

8 2. Cuestións iniciais 2.1 Por que non existían economistas antes dos séculos XVI-XVIII? 2.2 Un novo sistema de organización social 2.3 Un novo mundo despois da Idade Media 2.4 O debate da sociedade (antes de Smith)

9 2.1 Por que non existían economistas antes dos séculos XVI-XVIII?
Como os humanos somos capaces de organizarnos para obter os recursos que precisamos para sobrevivir?

10 2.1 Por que non existían economistas antes dos séculos XVI-XVIII?
Tres sistemas de organización humana para obter recursos: i) A tradición ii) O mandato da autoridade iii) O sistema de mercado

11 2.1 Por que non existían economistas antes dos séculos XVI-XVIII?
A tradición: son panadeiro porque meu pai foi panadeiro, …e extendamos a toda a sociedade. O mandato da autoridade: alguén decidiu que foxe panadeiro, …e extendamos a toda a sociedade.

12 2.1 Por que non existían economistas antes dos séculos XVI-XVIII?
Atopamos que nestas organizacións sociais estase garantindo que todas as tarefas necesarias para a supervivencia están realizadas por algunha persoa da comunidade. Non existen economistas (nen filósofos sociais)... porque non hai nada que explicar.

13 2.2 Un novo sistema de organización social
Entre os séculos XVI-XVIII aparece un novo sistema de organización social: iii) O sistema de mercado baseado na libertade individual: eu podo decidir se son panadeiro ou non.

14 2.2 Un novo sistema de organización social
Este terceiro sistema plantexa duas preguntas: I. Como xurde a mudanza a un sistema de mercado a partir da autoridade e da tradición? II. Que resultado vai acadar o novo sistema de organización humana?

15 2.3 Un novo mundo despois da Idade Media
I. Como xurde a mudanza a un sistema de mercado a partir da autoridade e da tradición? Que foi o que cambiou dende a Idade Media para que se precisara a “ciencia económica”?

16 2.3 Un novo mundo despois da Idade Media
(1) Eventos sociais: Emerxencia gradual das unidades políticas en Europa (nacións-estado); 1700 1360

17 2.3 Un novo mundo despois da Idade Media
(2) Expansión do comercio exterior: Europa clima moi variado produce gran variedade de produtos agrícolas; (3) Extensión da análise sistemática a problemas do mundo, en particular físicos, e aparición frecuente de novas invencións. (Descartes 1637, Newton ). (4) Xurdimento da idea moderna de individualidade. Erasmo de Rotterdam ( ). (5) Extensión da aceptación social do enriquecimento.

18 2.4 O debate da sociedade (antes de Smith)
II. Que resultado vai acadar o novo sistema de organización humana? Pode ser posibel a vida en sociedade non guiada pola autoridade, a fe e o costume?

19 Resposta 1 (Maquiavelo e Hobbes)
O egoísmo natural do home provoca que a vida en sociedade sexa imposibel, e o Estado absolutista é necesario: O principio da autoridade, baseado no monopolio do poder, sen necesidade de lexitimación. O principio da autoridade, baseado na violencia como xeito de garantir a obediencia. A alternativa: a desmembración social e a lei da selva.

20 (Empiricistas e moralistas ingleses e escoceses: Hume, Hutcheson)
Resposta 2 (Empiricistas e moralistas ingleses e escoceses: Hume, Hutcheson) Hipótese: Existe unha “benevolencia” natural, os “sentimentos morais”, que os humanos experimentan sobre outros. Consecuencias: Os individuos, ao non seren egoístas por natureza, tenden espontaneamente a asociarse entre eles. (Orde natural) Non se precisa de intervención externa na vida en sociedade -nin Deus, nin o Estado. Problemas: Xustificación (...ignoralo: hipótese) Cómo “casar” o egoísmo individual co benestar social?

21 A vida en sociedade pode ser posibel porque existe unha “benevolencia” natural.
PREGUNTA 1: Por que nos preocupamos polos outros?

22

23 3. The Theory of Moral Sentiments (1759)
Pregunta:Por que nos preocupamos polos outros? UNHA RESPOSTA: A “Simpatía” Os humanos posúen unha “capacidade empática” innata para poñerse na situación doutros humanos e entender a súa situación e os seus sentimentos. [Simpatía = Empatía]

24 3. The Theory of Moral Sentiments (1759)
UNHA RESPOSTA: “Simpatía” podemos poñermos en lugar de outros. As veces, a “simpatia” é insuficiente, pois non podemos conseguir unha visión obxectiva das nosas accións persoais; por tanto, precísanse regras morais (Regras morais = xeralizacións de accións que contan ou non con aprobación.) As veces, as regras morais son insuficientes, e se requiren leis positivas.

25 3. The Theory of Moral Sentiments (1759)
“Por moi egoísta que se poida suponer que sexa o home, existen evidentemente algúns principios na súa natureza, que lle fai interesarse polo que lle acontece aos outros, e a felicidade de eles contribúe necesariamente á de el, ainda que ise interese non derive nada máis que o pracer de contemplala.” Smith (1759, Part I, Chap.I, Sec. I)

26 PREGUNTA 2: Como “casar” o egoísmo individual co benestar social?

27

28 4. An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776)
Comentarios: 1. Non é un libro “orixinal”. 2. O libro ten 1282 páxinas e 5 Partes. 3. Escrito ao estilo da época: Enciclopédico; Pesado de ler; cheo de “digresións”; non é un libro de texto; é un libro “académico”: Motiva o problema. Formula unha pregunta. Aporta “unha” resposta.

29 4. An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776)
Cinco libros: 1. “Of the Causes of Improvement in the productive Powers of Labour, and of the Order according to which its Produce is naturally distributed among the different Ranks of the People” Produción e distribución con especial referéncia ao traballo 2. “Of the Nature, Accumulation, and Employment of Stock” Capital e Acumulación 3. “Of the different Progress of Opulence in different Nations” Desenvolvimento económico e políticas que o apoian 4. “Of Systems of political Œconomy” Diferentes sistemas de economia política 5. “Of the Revenue of the Sovereign or Commonwealth” Finanzas públicas

30 4. An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776)
Preguntas: I. Cómo é posibel que unha comunidade na que cada un persigue activamente o seu propio interese, o resultado non sexa o caos? II. Cara onde vai a sociedade?

31 I.- Cómo a sociedade pode sobrevivir en harmonía?
Como é posibel que unha comunidade na que cada un persigue activamente o seu própio interese, o resultado non sexa o caos? Como a sociedade conquire que se realicen todas as tarefas necesarias para a sua supervivéncia, sen necesidade dunha autoridade central que as planifique? (é se ninguén quere ser panadeiro ou medico?)

32 I.- Cómo a sociedade pode sobrevivir en harmonía?
Resposta: As Leis do mercado: O interese egoísta individual (Acción: tendencia humana ao comercio) A competencia (Mecanismo regulador)

33 As Leis do mercado 1. O interese egoísta individual actúa como forza impulsora que leva ao cada persoa cara calquer traballo que a sociedade poida pagar.

34 As Leis do mercado “Non é da benevolencia do carniceiro, do cervexeiro ou do panadeiro da que esperamos a nosa cea, mas da consideración que eles teñen polo seu propio interese. Dirixímonos non á sua humanidade, mais á sua autoestima, e nunca lles falamos das nosas propias necesidades, mais das suas vantaxes.” Smith (1776 L.I Cap.II)

35 As Leis do mercado 2. Mecanismo regulador del egoísmo individual: A competencia. Os excesos egoístas individuais (vender máis caro e comprar ou contratar máis barato) son controlados pola competencia.

36 As Leis do mercado O resultado: a harmonía social.

37 As Leis do mercado “[Cada individuo] orientando a sua atividade de tal maneira que a sua produción poida ter maior valor, mira apenas para o seu propio gaño e, neste, como en muitos outros casos, é levado como por man invisíbel a promover un obxectivo do que non era a sua intención. […] Ao perseguir o seus propios intereses, o individuo muitas veces promove o interese da sociedade moito máis eficazmente de cando tenta realmente promove-lo.” Smith (1776 L.VI Cap.II)

38 Comentarios 1) A harmonía social é un resultado inesperado: O egoísmo individual... promove os intereses da sociedade(!!) 2) Non debemos fiarnos daqueles que realizan propostas “polo interese xeral”. “Nunca ouvín dicer que se teñan realizado grandes cousas para o país, aqueles que simulan exercer o comercio buscando o ben público.” Smith (1776 L.VI Cap.II)

39 Comentarios 3) Daquela, … debemos fiarnos logo dos empresarios ou da xente de negocios? TAMPOUCO!! “As persoas da mesma profesión poucas veces se reúnen xuntas, mesmo para disfrutar de momentos de alegría e diversión, mais o tema de conversación remata nunha conspiración contra o público, ou nalgún artificio para aumentar os prezos.” Smith (1776 L.I Cap.X)

40 Comentarios 4) E logo, en que podemos fiarmos para garantir o benestar dos membros dunha sociedade? Das Leis do Mercado: (i) garantir que os membros da sociedade tomen as súas decisións (egoístas) libremente; e, (ii)asegurar a competencia entre ditas decisións egoístas individuais.

41 4. An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776)
Preguntas: I. Cómo é posibel que unha comunidade na que cada un persigue activamente o seu própio interese, o resultado non sexa o caos? II. Cara ónde vai a sociedade?

42 II.- Cara ónde vai a sociedade?
Resposta: Crecemento económico Comentário: Crecemento económico que beneficie a toda a sociedade “Nengunha sociedade pode ser floreciente e feliz, se grande parte dos seus membros son pobres e miserábeis.” Smith (1776 L.I Cap.VIII) vs. Mercantilista: obxectivo aumentar a riqueza de El-Rei.

43 II.- Cara ónde vai a sociedade?
Resposta: Crecemento económico As claves: i) A división do traballo (dispara o crecemento) ii) Acumulación de capital (guía ao crecemento) O ciclo virtuoso: división do traballo - expansión do tamaño dos mercados - maior productividade do traballo – división do traballo

44 i) A división do traballo
“A principal mellora nas forzas produtivas do traballo, e a maior parte da habilidade, destreza e bo senso, cos cales en calquer parte o traballo é dirixido ou executado, parece ter sido resultado da división do traballo.” Smith (1776 L.I Cap.I)

45 A división do traballo Comentarios:
A fábrica de alfinetes (Smith 1776 L.I Cap.I). 3 ventaxas: Aprendizaxe Aforro de tempo Invención de maquinaria A división do traballo conleva o intercambio, e pon en marcha o crecemento económico.

46 A división do traballo “Tomemos, [...] un exemplo, tirado dunha fábrica moi pequena, mais na cal a división do traballo moitas veces ten sido indicada: a fabricación de alfinetes. Un operario non treinado para esa atividade [...] nen familiarizado con a utilización das máquinas alí empregadas [...] dificilmente podería talvez fabricar, empeñando ao máximo o seu trabalho, un único alfinete nun día; de calquer xeito, certamente non conseguirá fabricar vinte. Mais da forma como esa atividade está hoxe executada, non so todo o trabalho constitúe unha industria específica, senon que está dividido nunha serie de ativiades, das cais a maior parte tamén constituen probabelmente un oficio particular. ...

47 A división do traballo “... Un operario desenrola o arame, outro o endereita, un terceiro o corta, un cuarto fai as pontas, un quinto o afía nas pontas para a colocación da cabeza do alfinete; para facer unha cabeza de alfinete requiren-se 3 ou 4 operacións diferentes; montar a cabeza xa é unha atividade diferente, e alvexar os alfinetes é outra; a propia envoltura dos alfinetes tamén constitue unha atividade independente. Así, a importante atividade de fabricar un alfinete está dividida en aproximadamente 18 operacións distintas, as cuais, nalgunhas fábricas son executadas por persoas diferentes. [...] Eu vin unha fábrica pequena deste tipo que so empregaba a 10 persoas. [...]

48 A división do traballo “... Mais, ainda que non foxen moi habeis, e por tanto non estivesen particularmente treinadas para o uso das máquinas, conseguían, cando se esforzaban, fabricar en torno a 12 libras de alfinetes por día. Unha libra contén máis de 4 mil alfinetes de tamaño medio. Por conseguinte, esas 10 persoas conseguían producir entre elas máis de 48 mil alfinetes por día. Logo que cada pessoa conseguía facer unha décima parte dos 48 mil alfinetes por día, pode-se considerar que cada unha producía alfinetes diariamente. Se, porén, tivesen traballado independentemente un do outro, e sen que nenhun deles tivese sido treinado para esta atividade particular, certamente cada un deles non tería conseguido fabricar 20 alfinetes por día, e talvez nen mesmo 1.” Smith (1776 L.I Cap.I). 

49 ii) A acumulación de capital
Teoria da distribución entre clases sociais: Terratenientes. Non posuen capital: propensión ao aforro nula. Traballadores. Só posuen traballo, e a sua remuneración (fondo salarial) próximo aos níveis de subsistencia: propensión ao aforro nula. Capitalistas. Posuen o capital produtivo: alta taxa de aforro. Quen acumula capital?

50 ii) A acumulación de capital
O interese xeral dunha nación debe favorecer os intereses da clase capitalista (vs. terratenientes). Mais… coidado!! “Favorecer” os intereses dos capitalistas, non significa que os intereses da nación deban “coincidir” cos intereses dos capitalistas.

51 Comentários Finais-I Smith:
explicou como funcionaba o novo sistema de organización humana baseado na liberdade individual; amosou que dito sistema podería funcionar mellor que outros sistemas de organización alternativa; albiscou que neste novo sistema de organización social debe redundar no beneficio de todos os membros da sociedade. 

52 Comentários Finais-II
Funciona efectivamente o sistema de organización social que explicou Smith? A sociedade móvese cara o maior crecemento e maior benestar dos cidadáns?

53 Angus Maddison Historical Statistics of the World Economy: 1-2008 AD

54 Comentários Finais-II
Se nos decatamos que Smith escribiu no terceiro cuarto do século XVIII, na época da incipiente Revolución Industrial na cal os traballadores eran tratados como gando, a xornada laboral duraba 14 ou 16 horas, e os nenos traballaban como os maiores, non podemos senon amosar a nosa perplexidade que Smith contemplara un marabilloso mundo no que o crecimento económico reportaría o maior ben-estar para os ciudadáns.

55 Para saber máis… Robert L. Heilbroner (1992) A História do Pensamento Econômico (Editora Nova Cultural Ltda., 1996). Cap. 2 O marabilloso mundo de Adam Smith. Timothy Taylor (1995) Legacies of Great Economists, The Teaching Company. Conf. 2: Adam Smith and the Birth of Economics Adam Smith (1776) A Riqueza das Nações: ed. Brasileiras: Os Economistas e da Editora Martins Fontes, ed. Portuguesa: Fundação Calouste Gulbenkian.

56


Download ppt "Sobre Adam Smith Eduardo L.Giménez Universidade de Vigo"

Similar presentations


Ads by Google