Presentation is loading. Please wait.

Presentation is loading. Please wait.

OS MALAMIGOS DA RATA LUÍSA

Similar presentations


Presentation on theme: "OS MALAMIGOS DA RATA LUÍSA"— Presentation transcript:

1 OS MALAMIGOS DA RATA LUÍSA
Os bechos Mon Daporta

2 Os fillos de Luisa medraron “mogollón”
e agora que son grandes xa queren saír sós,

3 Os pais están de acordo coa súa decisión
pero han de aprender antes unhas cantas leccións.

4 A primeira é que teñen que ter sempre presente
que no mundo de fóra vive moita xente.

5 Que hai bechos a moreas que poden amolalos
pero os que están máis ao axexo son, sen dúbida, os gatos.

6 Nas casas, nos faiados, nos alboios, nos valados,

7 nas hortas, nos xardíns, nas leiras, nos prados…

8 Pero non son eles sós… hai máis, e non son poucos,
os que nin de día nin de noite nos deixan ter acougo.

9 Uns veñen pola terra e outros veñen polo aire.

10 Hai que andar con cen ollos para poder saír adiante!

11 Hai que fuxir do tourón…

12 Tourón(Mustela putorius)
Tourón(Mustela putorius). Mide entre 30 e 45 cm, máis entre 12 e 20 cm de rabo, e pode pesar de 500 a gr; os machos son os máis grandes. É un animal solitario e de actividade nocturna. Atópase por toda Galicia aínda que non é común.

13 das martas, Marta (Martes martes). Mide entre 40 e 65 cm, máis outros 25 de rabo, e pode pesar entre 800 gr e 2 kg. É un animal solitario e de actividade nocturna. En Galicia só se atopa nos bosques da metade leste.

14 Marta fuíña (Martes foina)
Marta fuíña (Martes foina). Mide de 38 a 53 cm, máis entre 20 e 30 cm de rabo, e pode pesar de 1 a 2,5 kg; os machos son os máis grandes. É un animal solitario de actividade nocturna que se pode atopar por toda Galicia.

15 da algaria, Algaria (Genetta genetta). Mide entre 40 e 60 cm, máis outro tanto de rabo, e pode pesar entre 1 e 2,5 kg. É un animal de actividade nocturna común en toda Galicia.

16 do gato bravo, Gato bravo (Felix silvestris). Pode medir de 50 a 80 cm, máis outros entre 25 e 35 cm de rabo, e pesar de 3 a 10 kg. É un animal solitario de actividade maiormente crepuscular, escaso en Galicia que só se atopa en áreas de bosque ben conservado.

17 do raposo, Raposo (Vulpes vulpes). Mide entre 65 e 80 cm, máis outros de 30 a 50 cm de rabo, e pode pesar de 5 a 10 kg. Ten actividade nocturna e atópase, abundante, por toda Galicia.

18 da denociña, Denociña ou donicela (Mustela nivalis). Mide de 15 a algo máis de 30 cm, máis de 4 a 10 cm de rabo, e pode pesar entre 50 e 300 gr. É activa durante o día, preferentemente nas primeiras e derradeiras horas de luz, e atópase por toda Galicia.

19 sen esquecer as cóbregas
Cobra rateira ou cobregón (Malpolon monspessulanus). Supera con facilidade o metro de longo e pode acadar os 2 m. Común na metade sur de Galicia.

20 Cóbrega lagarteira meridional (Coronella girondica)
Cóbrega lagarteira meridional (Coronella girondica). Mide entre 55 e 70 cm. É máis común e abundante na metade sur de Galicia.

21 Cóbrega lagarteira común (Coronella austriaca). Pode medir ata 70 cm
Cóbrega lagarteira común (Coronella austriaca). Pode medir ata 70 cm. É máis común na metade norte de Galicia.

22 Serpe riscada (Rhinechis scalaris). Pode medir ata 140 cm
Serpe riscada (Rhinechis scalaris). Pode medir ata 140 cm. É unha cóbrega escasa que só se atopa na metade sur de Galicia.

23 e a víbora… Víbora (Vipera seoanei). Mide arredor de 50 cm. Inxecta veleno para paralizar as presas. É común en toda Galicia.

24 ou de calquera outro becho ao que lle parezas comida.

25 e do ceo baixan… de día: os miñatos,

26 Miñato (Buteo buteo). Mide entre 45 e 58 cm
Miñato (Buteo buteo). Mide entre 45 e 58 cm. En Galicia é a máis común das rapinas diurnas e vese sobre todo preto de zonas arboradas.

27 Miñato real (Milvus milvus). Mide entre 60 e 70 cm
Miñato real (Milvus milvus). Mide entre 60 e 70 cm. En Galicia só se ve, e escaso, no verán.

28 a tartaraña, Tartaraña (Circus pygargus). Mide entre 40 e 50 cm. En Galicia só se ve no verán, sen ser común, en áreas de monte baixo.

29 a gatafornela, Gatafornela (Circus cyaneus). Mide de 45 a 50 cm. En Galicia só se ve no verán en áreas de monte baixo da metade leste.

30 o lagarteiro Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus). Mide de 30 a 35 cm. En Galicia era moi común pero o seu número diminúe moito.

31 e os picanzos… Picanzo real meridional (Lanius meridionalis). Mide de 22 a 26 cm. En Galicia é escaso, máis habitual na metade sur.

32 Picanzo vermello (Lanius collurio). Mide de 16 a 18 cm
Picanzo vermello (Lanius collurio). Mide de 16 a 18 cm. En Galicia é pouco común e só como visitante de verán.

33 Picanzo rebordá (Lanius senator). Mide de 17 a 19 cm
Picanzo rebordá (Lanius senator). Mide de 17 a 19 cm. En Galicia é escaso e só se ve, no verán, polo sur.

34 e en canto se vai o sol, e se pon a escuras: a avelaiona,
Avelaiona (Strix aluco). Mide entre 37 e 40 cm. Vive en bosques con árbores vellas de toda Galicia.

35 o moucho, Moucho (Athene noctua). Mide de 23 a 27 cm. Vive en espazos abertos. En Galicia foi moi común pero cada día vese menos.

36 o bufo pequeno, Bufo pequeno (Asio otus). Mide de 30 a 37 cm. Vive en lindes e claros de bosque da metade leste de Galicia. Pouco común.

37 e a curuxa. Curuxa (Tyto alba). Mide de 33 a 39 cm. Común en toda Galicia.

38 Mais os peores de todos son os seres humanos,
pero con eles sós hai abondo para encher outro traballo. As imaxes fotográficas foron collidas da internet. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta


Download ppt "OS MALAMIGOS DA RATA LUÍSA"

Similar presentations


Ads by Google