Presentation is loading. Please wait.

Presentation is loading. Please wait.

A polémica do antimonio

Similar presentations


Presentation on theme: "A polémica do antimonio"— Presentation transcript:

1 A polémica do antimonio
Unha loita de poder entre a química e a medicina durante os séculos XVII e XVIII

2 As reacciones adversas á Iatroquímica
A farmacia química desenvolvese co paracelsismo Os médicos galenistas reaccionan en contra Químico = alquimista, impostor, latriqueiro, Moitos aventureiros prometen curar ás xentes de todos os males coa panacea universal ou cos remedios minerais e desprestixian a Iatroquímica

3 A química loita por acadar un estatuto de poder
A química era ciencia auxiliar da medicina, pero... Pretende dominar toda a ciencia humana e explicar as modificacións do organismo, a meirande parte dos fenómenos e tamén liderar a arte de curar Postulan que todo acontece na natureza da mesma maneira que no corpo humano

4 A química, ademais... Revela ó sabio atento os misterios, en apariencia impenetrables, dos fenómenos da vida Na Universidade de Leyden, á que pertence o químico-médico Boerhaave, desenvólvese a química-médica no XVIII, criticando os excesos da Iatroquímica de tempos anteriores no uso de medicamentos minerais

5 A polémica do antimonio en Francia
Prodúcese entre 1566 e 1666, entre os químicos e os galenistas; entre os médicos da facultade de medicina de París e os químicos de Montpellier No ano 1666 , a Fac. de Medicina de París, apoiada polo Parlamento, promulga un decreto que autoriza o uso do “antimonio” baixo prescripción médica

6 Argumentos Xunto a multitude de insultos, argumentan que ese mineral ten a mesma natureza que o arsénico, o mercurio e o chumbo, e xa que estes son velenos, aquel tamén o debe ser. Argúen os partidarios que a semellanza co chumbo e o mercurio non é unha razón da súa maldade, xa que se utiliza a infusión de mercurio para curar as lombrices

7 Seguen a argumentar os partidarios..
Que para curar os “cólicos miserere” se utilizan boliñas de chumbo Ademais, a natureza do arsénico é diferente da do antimonio, porque este é quente, acre, corrosivo e velenoso e produce accidentes funestos, pero o antimonio ten unha virtude refrescante e emplastante que os antigos empregaban para remedios do nariz e dos ollos

8 Os opositores argumentan...
Atacan o uso do antimonio como depurativo vomitivo e tamén a idea de que no corpo humano acontezan os fenómenos coma nun laboratorio de química. Se ben o antimonio se utiliza para purificar os metais preciosos, non hai garantía de que outro tanto aconteza no corpo humano

9 Lamy, 1680 Lamy, Béguin e Boerhaave apuntan que se trata do sulfuro de antimonio Afirma Lamy que o suposto xofre interno nunca se conseguiu illar e son unicamente conxecturas Respecto dos supostos “espíritos arsenicais”, ninguén os puido ver e se a razón da súa malignidade é o estar xunto ó arsénico no seo da terra, moitos másis corpos estarían contaminados por todo o universo

10 Remedios naturais-vexetais versus remedios minerais
Béguin, 1627 Refuta a meirande parte dos argumentos que se utilizan contra os remedios minerais: non son naturais, sofren a acción do fogo, matan... Argüe que os remedios metálicos e minerais son capaces de curar a epilepsia, a lepra, a gota, as febres cuartanas, a hidropesía..., de maneira suave, rápida e segura


Download ppt "A polémica do antimonio"

Similar presentations


Ads by Google