Download presentation
Presentation is loading. Please wait.
1
Quinua
2
Caryophyllales Familia:
Quinua (Chenopodium quinoa) Orde: Caryophyllales Familia: Amaranthaceae
3
Planta erguida que pode acadar alturas entre 30 e 300 cm, en función da variedade ou das condicións ambientais. Raíz: pivotante, vigorosa, profunda, bastante ramificada e febrosa. Resistente á seca Talo: cilíndrico ao comezo e prismático a partir das ramificacións, cunha cuberta dura.
4
Follas: simples, alternas, cos peciolos longos, finos e acanalados e o limbo de forma variable na mesma planta (romboidal, triangular ou lanceolada), planas ou ondeadas, un pouco grosas, carnosas e tenras, coa beira dentada, serrada ou lisa. O tamaño varía ata 15 cm de lonxitude por 12 de ancho. Xeralmente as da base da planta son grandes, romboidales triangulares e na parte superior pequenas e lanceoladas. A cor varía do verde ao vermello. Están cubertas por cristais de oxalato de calcio transparentes ou de cores vermello ou púrpura que captan a humidade nocturna e reflicten o exceso de radiación solar.
5
Flores: inflorescencias en panículo formado por un eixo central e outros secundarios e terciarios, de lonxitude variable (ata 80 cm de lonxitude).
6
As flores son pequenas (ata 3 mm), incompletas, sésiles e sen pétalos
As flores son pequenas (ata 3 mm), incompletas, sésiles e sen pétalos. Poden ser hermafroditas ou femininas. Xeralmente están formadas por cinco sépalos de cor verde, cinco estames curtos de cor amarela e un ovario central súpero cun estigma plumosos e ramificado.
7
Froitos: aquenios de forma cilíndrico-lenticular
Froitos: aquenios de forma cilíndrico-lenticular. Conteñen unha única semente de cor variable, de 1,5 a 4 mm. Cada panícula contén de 100 a froitos. Algunhas rinden ata 500 gramos de semente.
8
sementes
9
CULTIVO
10
USOS: Debido ao seu alto contido en almidón ten os mesmos usos que os cereais. Tradicionalmente, os grans de quinua tórranse e móense para facer fariña coa que se fan distintos tipos de pans. Tamén se poden cocer, engadir a sopas, empregalos como cereais, pastas… Ferméntase para obter cervexa ou chicha, unha bebida tradicional dos Andes. Cocida ten un sabor semellante á noz. Estase comezando a usar na cociña-gourmet e tamén ten aplicacións farmacéuticas e industriais.
11
A quinua ten un excepcional equilibrio entre proteínas, graxas e carbohidratos. É o único alimento vexetal que ten todos os aminoácidos. Contén aminoácidos básicos como a lisina (importante para o desenvolvemento do cerebro), a arxinina e histidina (básicos para o desenvolvemento na infancia). Achega o doble de proteínas que os cereais e importantes cantidades de ácido linoleico, minerais e vitaminas. Pode consumirse por celíacos ao non conter glute.
12
VALOR NUTRICIONAL Quinoa, sen cociñar (por cada 100 g)
Enerxía 370 kcal 1540 kJ carbohidratos 64 g almidón 52 g febra alimentaria 7 g graxas poliinsaturadas 6 g 3,3 g triptófano 0,167 g auga 13 g tiamina (vit B1) 0,36 mg (28%) riboflavina (vit B2) 0.32 mg (21%) vitamina B6 0.5 mg (38%) ácido fólico (vit B9) 184 μg (46%) vitamina E 2.4 mg (16%) ferro 4.6 mg (37%) magnesio 197 mg (53%) fósforo 457 mg (65%) potasio 563 mg (12%) cinc 3.1 mg (31%) (%) Cantidade diaria recomendada para adultos.
13
Usos medicinais: Tratamento de abcesos, hemorraxias, luxacións. Contén altas cantidades de magnesio o que a fai indicada para tratar a ansiedade, a diabete, a ostoteoporose e a migraña.
14
Produción mundial 2012 (miles de toneladas)
A fariña de quinua prodúcese e comercilízase ne Perú, Bolivia e Colombia. Produción mundial (miles de toneladas) BOLIVIA 44 PERÚ 41 ECUADOR 0,8 Total mundial 69,0
15
CURIOSIDADES Cultívase nos Andes bolivianos, peruanos, ecuatorianos e chilenos desde hai 5000 anos. Os conquistadores prohibiron o seu cultivo por asoaciala a ritos e ceremonias tradicionais. Nomes da quinua Aymara: tupapa supha, jopa, jupha, juira, ära, qallapi, vocal, linquiñique Chibcha: suba, pasca Mapudungun: dawe, sawe, chichiconwa Quechua: ayara, kiuna, kitaqañiwa, kuchikinwa
Similar presentations
© 2025 SlidePlayer.com. Inc.
All rights reserved.