Presentation is loading. Please wait.

Presentation is loading. Please wait.

Guía básica sobre Aprendizaxe-Servizo

Similar presentations


Presentation on theme: "Guía básica sobre Aprendizaxe-Servizo"— Presentation transcript:

1 Guía básica sobre Aprendizaxe-Servizo

2 Que entendemos por Aprendizaxe-Servizo?
En que se diferencia do voluntariado? Cales son as súas vantaxes e inconvintes? Que competencias desenvolve esta metodoloxía? En que ámbitos se pode aplicar o Aprendizaxe-Servizo? Cales son os pasos a seguir para implantar o ApS? Gustaríache coñecer algunha experiencia de Aprendizaxe- Servizo? Queres afondar máis sobre o tema? CUFIE. Vicerreitorado de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías

3 Que entendemos por Aprendizaxe-Servizo?
En que consiste? A quen implica? É unha proposta educativa que combina o servizo a comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que as persoas se forman para traballar e mellorar as necesidades reais do entorno. Traballo en rede Alumnado Profesorado Entidades sociais Comunidade Triple Intencionalidade Pedagóxica Solidaria Reflexiva CUFIE. Vicerreitorado de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías

4 En que se diferencia do voluntariado?
+ S E R V I Z O A diferencia fundamental está en que o voluntariado ten como obxectivo principal ofrecer un servizo, mentres que o ApS defínese por un servizo de calidade e á vez, unha aprendizaxe sistematizada e ben integrada. Tal como reflexa o gráfico, o voluntariado prioriza servizo fronte a aprendizaxe, traballos de campo ao revés e só o ApS combina harmonicamente os dous aspectos Aprendizaxe-Servizo Voluntariado APRENDIZAXE - + Accións voluntarias puntuáis Traballos de campo - CUFIE. Vicerreitorado de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías

5 Cales son as súas vantaxes e inconvintes?
Require un compromiso de colaboración entre profesorado, estudantado e as entidades sociais. Implica un tempo de dedicación máis amplo que unha clase tradicional Favorece tanto o desenrolo persoal como o progreso social. Fomenta a aprendizaxe cooperativa. Fomenta a aprendizaxe activa e significativa Desenrola un compromiso solidario

6 Que competencias desenvolve esta metodoloxía?
) que favorecen a convivencia dentro dunha comunidade. mellora. As competencias que se traballan con esta metodoloxía teñen como obxectivo integral, a mellora da comunidade e o enriquecemento de cada axente implicado. A aprendizaxe resultante integra catro piares básicos: Aprender a coñecer Aprender a facer Aprender a ser Aprender a convivir CUFIE. Vicerreitorado de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías

7 En que ámbitos se pode aplicar o ApS?
O ApS pódese implementar practicamente en calquera ámbito que facilite a integración dos dous elementos básicos para traballar esta metoloxía: o servizo á comunidade e a aprendizaxe significativa. Incluímos aquí algúns exemplos adaptados de Puig Rovira (2011)1 p.53 PROPOSTAS DE APRENDIZAXE SERVIZO Ecoauditoría O alumnado analiza a contorna medioambiental próxima e comprométese durante un ano con accións de sensibilización e reducción dos danos ambientais na escola e na familia. No proxecto, apréndense habilidades de análise medioambiental, de comunicación e de difusión. Apoio legal Un grupo de estudantes de Dereito ofrece apoio a avogados en exercicio que levan diferentes casos de turno de oficio. Ademais de coñecementos técnicos do exercicio da avogacía, prepáranse en competencias de comunicación, asesoramento e acompañamento personal. Servizos á comunidade escolar Estudantes de Educación Infantil que desenrolan na materia de Tics recursos educativos para a alfabetización que logo se poñerán en uso en colexios da súa contorna 1. Puig Rovira, Josep M. et alii: Aprendizaje-Servicio y Educación para la Ciudadanía. En Revista de Educación, número extraordinario 2011, pp [En liña] consultado CUFIE. Vicerreitorado de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías

8 Cales son os pasos a seguir para implantar o ApS?
6. Avaliación Reflexionar e avaliar os resultados do servizo realizado e das aprendizaxes alcanzadas Avaliar a experiencia como proxecto de Aprendizaxe-Servizo. Autoavaliarse como persoa educadora 5.Execución. Realizar o servizo. Relacionarse cas persoas e entidades do entorno. Rexistrar, comunicar e difundilo. Reflexionar sobre as aprendizaxes realizadas. 1.Elaboración do borrador. Definir por onde comezar. Analizar cómo está o grupo e cada uno dos membros. Determinar un servizo socialmente necesario. Establecer as aprendizaxes vinculadas o servizo. 3.Planificación Definir os aspectos pedagóxicos. Definir a xestión e a organización. Definir as etapas do traballo co grupo. 2.Establecemento das relacións con entidades sociais. Identificar as entidades coas que colaborar. Prantexar a demanda e chegar a un acordo. 4. Preparación Motivar o grupo. Diagnosticar o problema e definir o proxecto. Organizar o traballo que se levará a cabo. CUFIE. Vicerreitorado de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías

9 Gustaríache coñecer algunha experiencia de Aprendizaxe- Servizo?
Aquí na UDC Aula do corpo: unha experiencia de aprendizaxe servizo con perspectiva de xénero Experiencias na Universidade de Barcelona Experiencia na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Zaragoza. Experiencia na Facultade de Educación na Universidade de Jaén

10 Queres afondar máis sobre o tema?
Algunhas ligazóns de interese: Rede Española de Aprendizaxe-Servizo Rede Universitaria Española de Aprendizaxe –Servizo (ApS-U) Centro Promotor de Aprendizaxe e Servizo Solidario en Euskadi (Zerbikas) Centre Promotor d’Aprenentatge Servei. Centro Latinoamericano de Aprendizaxe e Servizo Solidario (CLAYSS) National Youth Leadership Council (USA) . Blog de Roser Batlle. Vídeo de Fundación Jaume Bofill sobre Aprendizaxe- Servizo. Vídeo TEDx Valladolid de Roser Battle sobre Aprendizaxe- Servizo.

11 Campus de Elviña, s.n. 15071 – A Coruña
Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa Edificio Xoana Capdevielle Campus de Elviña, s.n – A Coruña Esta guía foi elaborada coa colaboración de María Raña Fernández (becaria do Grao en Educación Social da UDC) Maio de 2015 Guía Básica sobre Aprendizaxe-Servizo de Cufie-UDC ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.


Download ppt "Guía básica sobre Aprendizaxe-Servizo"

Similar presentations


Ads by Google