Download presentation
Presentation is loading. Please wait.
Published byLuis Mendoza Modified over 5 years ago
1
Cadernos de Educación Ambiental: A Biodiversidade
(Aurora Puentes Graña. Guía de uso O ideal é utilizar un curso Moodle para seguir a orde en que aparecen os materiais incluídos nel en forma de temas. Se non é posible, pode utilizarse este material en forma de páxina Web, como aparece no CD. O seu uso pode facerse “clicando” nos arquivos html, que abrirán os distintos navegadores permitindo visualizar todos os materiais. Aconséllase ter instalado algún lector de PDF, pois a maioría dos textos están neste formato: As actividades funcionan tamén “clicando” nos arquivos html. Se alguén precisa un disco, pode pedilo vía . Ao alumno se lle poderá subministrar unha copia do CD pero haberá que extraer un arquivo da carpeta “perda de biodiversidade”: o das respostas ás cuestións do texto 2: facedes unha copia da carpeta enteira “cadernos educacion ambiental biodiversidade” e lle dades outro nome, abrides a carpeta mencionada e eliminades o arquivo das respostas. Así o navegador non poderá acceder a este material. Como vos ides “mover” cun navegador, recordade utilizar as frechas ATRÁS e ADIANTE deste, ademáis dos vínculos das distintas páxinas. COMECEMOS: Facendo clic en cadernos de educ ambiental biodiversidade aparece a seguinte pantalla: Facer clic en Galego (pronto haberá a opción en Español)... Aparecen catro bloques (Introdución, ligazóns de interese e bibliografía, A Terra un planeta habitado, Perda de Biodiversidade e Repaso Xeral), ao clicar en cada un deles abriránse outras tantas ventás, cos seus botóns.
2
Clicando neste botón, accédese á guía didáctica, a unha mostra das probas “de visu”, a esta guía de uso e a imaxes para facerlle unha carátula ao CD Clicando neste outro, accédese ao texto en PDF e a unha colección de imaxes de distintos seres vivos, así como a toda unha serie de actividades interactivas Se eXe non funciona ben co formato páxina web, haberá que visualizar cada arquiivo html nunha pestaña distinta do navegador. Non é raro que aparezan mensaxes como:: “Unable to find an API adapter” e “Unable to locate the LMS’s API implementation…”. O problema pode ser do programa Java, que ten que estar actualizado. As veces é mellor desinstalalo primeiro: E, as veces, é debido ao navegador. En caso de que non funcione, podedes ir abrindo en distintas pestañas os arquivos por esta orde: index, moneras, protoctistas, fungi, animal, invertebrados, vertebrados, vexetal, vexetal sen flores, vexetal con flores, as excepcións. É máis latoso, pero a información non está perdida. Tamén, por suposto, podedes descargar eXe-learning e visualizalo co programa (na guía didáctica están as ligazóns)
3
Facendo clic neste outro, accédese ao texto en PDF, ás respostas das actividades do texto e ás actividades interactivas sobre Parques Nacionais E, por último, un clic neste botón da acceso a un texto resumo dos outros dous e ao paquete maior de actividades, elaborado con Contructor, con textos resumo, imaxes e actividades interactivas Pode aparecer unha mensaxe de que se detectou unha operación non segura. Facer clic en Acerptar e continuar. Neste paquete de actividades podedes movervos coas frechas que aparecen nas distintas páxinas Fóra da carpeta xeral, no CD, hai un arquivo zip co curso de Moodle. Importando ou restaurando, accederedes ao material completo, co seu banco de preguntas. Esta guía de uso ten a mesma licencia que todo o proxecto, podedes usala, modificala e mellorala pero, non esquezades citarme e non podedes gañar diñeiro con ela ou parte dela
Similar presentations
© 2025 SlidePlayer.com. Inc.
All rights reserved.