Presentation is loading. Please wait.

Presentation is loading. Please wait.

Ciclo Reproductivo de Moluscos Bivalvos Javier Pumares Pérez Daniel Rivera Ramos 1º Bachillerato A Bioloxía e xeoloxía Profesora: Mª Carmen Cid Manzano.

Similar presentations


Presentation on theme: "Ciclo Reproductivo de Moluscos Bivalvos Javier Pumares Pérez Daniel Rivera Ramos 1º Bachillerato A Bioloxía e xeoloxía Profesora: Mª Carmen Cid Manzano."— Presentation transcript:

1 Ciclo Reproductivo de Moluscos Bivalvos Javier Pumares Pérez Daniel Rivera Ramos 1º Bachillerato A Bioloxía e xeoloxía Profesora: Mª Carmen Cid Manzano

2 A maioría dos bivalvos son dioicos, isto é; teñen individuos femia e macho. Normalmente non podemos diferenciar a simple vista os individuos machos das femias, o que se coñece como ausencia de dimorfismo sexual.

3 Outras especies alcanzan a súa madurez sexual como machos e a medida que envellecen, vanse transformando en femias (hermafroditismo protándrico). Algunhas ostras teñen unha sexualidade alterna, é dicir, cambian de sexo ó final de cada ciclo reprodutor. Algunhas especies de bivalvos son hermafroditas funcionais.

4 A maioría de bivalvos conservan un par de gónadas, que son os órganos encargados da produción de gametos, que normalmente son grandes e están embutidos entre as vísceras, de modo que aparentemente só posúen unha masa xenital. De todas formas, nalgunhas especies como as vieiras obsérvanse gónadas ben definidas.

5 A gametoxénese é o proceso de formación de gametos: Fórmanse espermatozoides nos machos. Neste caso chámase espermatoxénese. Fórmanse ovocitos nas femias. Neste caso denomínase ovoxénese.

6 Cando os espermatozoides están maduros, libéranse ó exterior e espállanse na auga. As larvas botan un tempo na cavidade do manto, como nunha incubadora. Os gametos femininos atravesan as branquias e mantéñense na cámara inhalante onde reciben os espermatozoides que entran co fluxo de agua inhalante.

7 O período de desova varía segundo a especie e a situación xeográfica. O seu ciclo reprodutivo está controlado de forma interna polo sistema nervioso e hormonal e de forma externa por factores ambientais: A temperatura, a cantidade de alimento dispoñible e o fotoperíodo. Desove parcial

8 -Bivalvos de climas temperados: -Bivalvos de climas tropicais: Os bivalvos de climas temperados pasan por dous períodos de desove dentro dun mesmo ano, trala produción máxima de fitoplancton (en primavera e outono). As especies tropicais desovan durante a maior parte do ano.

9 Fecundación Penetración do espermatozoide no ovocito Segmentación do cigoto Morulación Unha vez liberados os gametos, o espermatozoide pode penetrar no ovocito e poucos segundos despois prodúcese unha membrana de fertilización que impedirá o paso dun novo espermatozoide.

10 Despois da fecundación ten lugar a segmentación do ovo, proceso polo que se divide a célula por mitose, dando lugar a un embrión multicelular (mórula ).O peso da mórula fai que se deposite no fondo onde continuará o desenvolvemento larvario.

11 «larva trocófora» larva veliger que se denomina en «D» A última fase denominada «pediveliger» « larva veliger umbonada»

12 A primeira fase larvaria é a de «larva trocófora»que aínda non desenvolveu a concha. Desprázase utilizando unha coroa de cilios e aliméntase das reservas do ovo.. Ao comezo a larva veliger denomínase en «D». A medida que a larva vai medrando, a súa concha adquire unha forma máis redondeada e pasa a denominarse larva veliger «umbonada».

13 O velo é unha estrutura ciliada en forma de lóbulos que lle permite nadar e alimentarse filtrando as partículas en suspensión. A seguinte fase é a de «larva veliger». Nesta fase secrétase a concha, ademais contan cun sistema dixestivo completo e cunha estrutura chamada velo.

14 A última fase,denominada «pediveliger», caracterízase polo desenvolvemento do pé e por ter a capacidade de asentarse. O asentamento supón o paso da vida planctónica na columna de auga á residencia permanente no substrato. Máis tarde sofren unha metamorfose que consiste na pérdida do velo e no desenvolvemento da estrutura interna característica dun mexillón adulto, estes son os denominados xuvenis.

15 Ciclo reprodutivo do mexillón (Mytilus galloprovincialis).

16 Ciclo de vida de (Crassostrea rhizophorae) A: Liberación de gametos sexuais; B: Ovo aínda non fertilizado; C: Ovo fertilizado; D: Larva Trocofóra; E: Larva Veliger; F: Larva Pediveliger; G: Xuvenil temperán; H: Xuvenil serodio; I: Adultos.

17 Fontes de documentación -UNIDADES DIDÁCTICAS DE ACUICULTURA OESA (OBSERVATORIO ESPAÑOL DE ACUICULTURA) MINISTERIODE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN Ciclo Reproductivode Moluscos Bivalvos M O L U S C O S B I V A L V O S (nº 3) L.G. PETEIRO, R. FILGUEIRA, A. AYALA, M. J. FERNÁNDEZ-REIRIZ Departamento de Fisiología, Nutrición y Cultivo de Moluscos Bivalvos (IIM-CSIC) Editor Científico: DR. JUAN ESPINOSA DE LOS MONTEROS (OESA) NIPO: 251-07-134-3


Download ppt "Ciclo Reproductivo de Moluscos Bivalvos Javier Pumares Pérez Daniel Rivera Ramos 1º Bachillerato A Bioloxía e xeoloxía Profesora: Mª Carmen Cid Manzano."

Similar presentations


Ads by Google